HomesociedadeComeza en Monforte o programa de formación e empoderamento da muller

Comeza en Monforte o programa de formación e empoderamento da muller

Monforte celebrou o 15 de outubro, Día Internacional da Mulller Rural, co comezo do Programa de formación para o empoderamento e mellora da empregabilidade, dirixido a mulleres dentro do Proxecto DANA.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O programa ten como finalidade aumentar a participación social e laboral das mulleres do ámbito rural, a través do desenvolvemento de habilidades e competencias para o emprego e adquisición dos coñecementos sobre os recursos e técnicas máis adecuadas que ofrece internet para a busca activa de emprego.

Conta con 40 horas de duración que se imparten de forma gratuíta, na modalidade presencial e en liña. É impartida pola Fundación Mujeres, que traballa co obxectivo de alcanzar dun xeito integral o empoderamento da muller como un aspecto transversal a evolución en si mesma e nesta ocasión contribuíndo ca dinamización do rural.

O Programa comezou abordando as Competencias dixitais para o emprego. O venres, 22 de outubro tratarán Formación en competencias básicas para o emprego e o autoemprego e o 29 de outubro, Formación en liña para a procura de emprego. As 30 horas restantes de formación impartiranse en liña, para o que únicamente será necesario ter un dispositivo tecnolóxico (móbil, tablet ou ordenador) con conexión a internet e versarán
sobre Técnicas de busca de emprego activa (20 horas) e Procesos de selección (10 horas) .

As mulleres que aínda estean interesadas en participar na actividade poden inscribirse no Centro de Información á Muller sito no Centro Cívico Social ben chamando ao número 982 416 350 ou por correo electrónico na seguinte dirección cim@concellodemonforte.com

ÚLTIMAS

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...