HomeCulturaChantada e Bóveda celebran o Día das Bibliotecas

Chantada e Bóveda celebran o Día das Bibliotecas

O día 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas e as bibliotecas dos diferentes concellos prepáranse para celebralo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No concello de Chantada celebrarán a xornada o día 23 e farano coa Ciclobiblioteca na biblioteca de Anxo Moure. Debido ás dimensións da sala infantil da biblioteca contarase con tres sesións con grupos reducidos ás 11.00, 12.00 e 13.00, para as que os asistentes se deben anotar previamente, ben presencialmente na biblioteca ou por teléfono (982441752).

E o concello de Bóveda prepara para celebrar esta xornada un obradoiro, unha sesión de contacontos e un concerto que se desenvolverán en tres días diferentes. A primeira actividade será o día 20 cun obradoiro infantil sobre textos de Olga Novo que terá lugar en horario de 16:30 a 18:30 horas. O venres 22 contarase coa visita da contacontos Jara Ortiz, de 12:00 a 14:30 horas. Xa o domingo 24 ás 18:30 horas Xoán Curiel ofrecerá un concerto no Centro Sociocultural.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...