HomeMedio ambiente e PatrimonioAfondando nas orixes da Ribeira Sacra cunha campaña arqueolóxica na área pantonesa...

Afondando nas orixes da Ribeira Sacra cunha campaña arqueolóxica na área pantonesa do Peguntoiro

Ademais de afondar no legado da Ribeira Sacra, os traballos tamén servirán para coñecer as orixes do mosteiro de San Vicenzo de Pombeiro. Co fin de divulgar a importancia deste xacemento e os achados que vaian aparecen no transcurso da intervención, os arqueólogos que traballan no espazo ofrecen visitas guiadas de luns a venres ás 12,00 horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Galicia vén de poñer en marcha unha nova campaña arqueolóxica na área do Preguntoiro, no concello de Pantón. A actuación, dotada con 24.000€, prolongarase durante tres semanas. Ata o 6 de novembro un equipo multidisciplinar composto por 10 investigadores de institucións científicas de prestixio como a Universidade de Lisboa, o Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT) do CSIC ou a Universidade Complutense de Madrid traballarán neste espazo baixo a coordinación de Sonia García Rodríguez e a dirección de Xurxo Ayán Vila.

Concretamente, o equipo centrarase no control da limpeza biótica da área onde se localiza o xacemento arqueolóxico para, a continuación, realizar sondaxes arqueolóxicas, unha prospección intensiva de toda a zona, o rexistro e interpretación de inscricións rupestres e a fotogrametría dixital dos vestixios coa finalidade de favorecer a súa caracterización espacial, cronolóxica e funcional, así como mellorar a visualización dos restos arqueolóxicos alí conservados de cara a súa visita pola cidadanía en xeral.

O Preguntoiro / Consellería de Cultura

Ademais de afondar no legado da Ribeira Sacra, os traballos tamén servirán para coñecer as orixes do mosteiro de San Vicenzo de Pombeiro, conectado co xacemento a través dunha calzada medieval, xa que a tradición oral sinala nese lugar a existencia dunha antiga ermida na honra de San Xoán Degolado.

Potencial arqueolóxico excepcional

A área do Preguntoiro presenta un potencial arqueolóxico excepcional, xa que se trata dunha paisaxe medieval fosilizada na que se conservan as pegadas materiais do sistema de explotación agrario baseado na castaña (sequeiros e soutos) e no viño (antigos socalcos e muros feitos con aparello ciclópeo de granito).

Por este motivo, de xeito paralelo á intervención vanse realizar traballos de investigación coa toma de mostras e realización de analíticas co fin de contextualizar cronolóxicamente esta paisaxe cultural, a súa xénese construtiva, os seus usos e transformacións e as súas implicacións culturais, históricas e económicas.

O Preguntoiro / Consellería de Cultura

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...