Homesociedade20 persoas formaranse en auxiliares de construción co obradoiro Sillor VIII

20 persoas formaranse en auxiliares de construción co obradoiro Sillor VIII

A Consellería de Emprego e Igualdade inviste 377.000 euros no obradoiro de emprego Sillor VIII, que deu comezo nos concellos de Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso do Courel.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A etapa de formación en alternancia coa práctica profesional terá unha duración de nove meses e estará dirixida á cualificación e adquisición de experiencia laboral mediante un contrato de traballo; ao rematar, obterán un certificado de profesionalidade.

Ademais, neste caso parte do investimento está destinado a sufragar incentivos para facilitar a posterior contratación dos 20 alumnos traballadores durante un mínimo de tres meses máis a xornada completa en empresas locais do sector.

Ao tempo que adquiren os coñecementos e habilidades necesarias, os participantes no obradoiro desenvolven distintas obras nos concellos promotores. En concreto, en Ribas de Sil acondicionarán a nave municipal de San Clodio, e en Quiroga construirán beirarrúas na travesía dos Tallos.

Pola súa banda, en Folgoso do Courel construirán unha beirarrúa na Avenida Deputación e un heliporto eventual en Traspando, mellorarán o acceso á igrexa de Esperante, acometerán os revestimentos interiores da nave municipal da Serra e acondicionarán unha zona para parapente no alto do Piapaxaro.

ÚLTIMAS

Ribeira Sacra Next impulsa o emprendemento desde a escola para este curso

Nunha primeira fase do proxecto formarase en metodoxía aos centros de ensino para crear...

Iníciase novo procedemento de contratación do equipamento do ximnasio da Pinguela

A Xunta de Goberno aprobou esta semana, o expediente negociado e sen publicidade para...

Chantada contra as violencias machistas, Súmate! 25N

Chantada contra as violencias machistas, Súmate! 25N, é o slogan da campaña que inclúe...

Olga Novo participa nun acto coa ‘represión franquista contra a arte’ como protagonista

A voz da escritora Syra Alonso (A Coruña, 1899 – México, 1970) emerxe dende...