HomesociedadeA Ribeira Sacra, camiño de "dar o último paso" cara á declaración...

A Ribeira Sacra, camiño de “dar o último paso” cara á declaración de Patrimonio Mundial

A intención da Xunta é colaborar co Icomos para que o proxecto entre na fase final "no prazo de tempo máis breve posible" .

Publicado o

- Advertisement -

O Goberno central e a Xunta iniciaron esta semana unha nova fase da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade –que foi aprazada a principios de xuño por un ano– co obxectivo de “mellorar todo o que sexa preciso para dar o último paso con toda a forza” e conseguir o recoñecemento por parte da Unesco.

Así o explicou o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, quen mantivo unha reunión co embaixador de España ante a Unesco, Juan Andrés Perelló; a directora xeral de Belas Artes do Ministerio de Cultura e Deporte, María Dores Jiménez-Branco; e a directora xeral do Icomos, Marie-Laure Lavenir, entre outros.

Tanto o Goberno central como a Xunta buscarán intensificar o traballo e avanzar, da man do Icomos –órgano asesor da Unesco–, nun novo proceso de diálogo que “acredite coas máximas garantías os valores excepcionais” da Ribeira Sacra, segundo explica o Goberno galego a través dun comunicado.

Neste contexto, o conselleiro de Cultura anunciou a ampliación do equipo técnico que traballa na candidatura para incorporar novos perfís e a intensificación do contacto coas administracións implicadas e coa veciñanza.

“O noso propósito é inaugurar e ampliar un novo proceso de diálogo que permita intensificar a nosa estratexia e dar un novo impulso á candidatura da Ribeira Sacra”, precisou Román Rodríguez. A intención da Xunta é colaborar co Icomos para que o proxecto entre na fase final “no prazo de tempo máis breve posible” .

ÚLTIMAS

Certame de Poesía Infantil de Nadal en Monforte

O Concello de Monforte vén de concovar unha nova edición do Certame de Poesía...

Ramón Díaz-Varela López de Margarita Asesores encabeza a candidatura que asumirá a directiva do CCU este 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano de Monforte celebrou este luns, 23 de novembro, a súa...

O Programa Integrado de Emprego de Chantada chega a un cento de persoas desempregadas

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Chantada (PIE) inicia a súa actividade...

O Fiadeiro, territorios que conectan, vincula iniciativas do Courel e da Ribeira Sacra

Máis espazos de coordinación, colaboracións concretas que empecen por proxectos pequenos e acceso en...