HomeCulturaMonforte no Paradiso este sábado 1 de setembro

Monforte no Paradiso este sábado 1 de setembro

Mamá Ladilla, Cadela Asasina, CoolFlanders, Vieitör, Compañía do Ruído, Mad Martin, Arremecaghona Monobanda,… algunhas das actuacións desta 7ª edición do Festival que organiza Náufragos do Paradiso.

Publicado o

- Advertisement -

A cita co Festival do Paradiso desenvolverase no aparcadoiro do Parque dos Condes o sábado día 1 de setembro desde as 21.00 h. Desde a organización buscouse un cartaz de estilos variados e apostando polos grupos galegos e da Ribeira Sacra. Ademais neste ocasión convidouse ao grupo estatal Mamá Ladilla.

No escenario estarán tamén, procedentes da Ribeira Sacra, Cadela Asasina que percorre a xeografía galega e portuguesa sementado foliadas; CoolFlanders que tocarán xoias da música negra, cantando rock, folk desde a profundidade do seu soul. Poderase vibrar e saltar con Vieitör. Contarase tamén con Compañía do Ruído, Mad Martin e Arremecaghona Monobanda. Pechando a noite, xa no pub Zoco, continuará a festa co Dj Maceda.

Para que o diñeiro non sexa problema para gozar con esta festa o Festival será de balde un ano máis. Desde a asociación organizadora agradecen a colaboración do comercio local, do concello de Monforte de Lemos, a Deputación de Lugo e o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra. Especialmente, agradecen o traballo das voluntarias e voluntarios, que desinteresadamente adican o seu tempo, cada ano, a que o festival sexa posible.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...