HomesociedadeOs Gin Toni's animan a ponte de Santos en Monforte

Os Gin Toni’s animan a ponte de Santos en Monforte

Ofrecerán un concerto o sábado 30 de outubro no Bar do Club Fluvial de Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A ponte de Santos traerá un ‘concertazo’ a Monforte de Lemos coa presenza da banda Gin Toni’s no Bar do Club Fluvial.

Será este sábado 30 de outubro a partir das 23:00 h., a continuación da cea que organiza a xerencia do local “Hoy va a ser la caña” para esa gran noite. O menú con prezo pechado de 25 euros consistirá nunha táboa de embutidos, calamares en salsa americana, codillo de porco ibérico asado e sobremesas; con pan, viño e cafés incluídos.

Para reservar hai que chamar ao teléfono 604 08 06 86.

OS GIN TONI’S

Trátase dunha Banda que naceu na Ribeira Sacra, con gran tirón neste territorio e contorna pero que estes últimos anos está abrindo fornteiras e actuando a nivel de Galicia e incluso fóra destes marcos.

Son unha formación moi divertida, apaixonada e elegante que cada noite consegue unha incrible conexión co público dos seus concertos. Nestas datas preséntanse baixo a xira “Maneras de Vivir” –con permiso de Rosendo– para viaxar polas versións dos mellores temas do Pop Rock español, desde os 80 ata a actualidade (Seguridad Social, Rebeldes, Revólver, El último de la fila, Fito y Fitipaldis, Radio Futura, Loquillo, Los Rodríguez, Barricada, M-Clan, Los Refrescos, Los Secretos, La Unión, Joaquín Sabina, Siniestro Total, Rosendo, La Frontera, Coque Malla, Jarabe de palo, Hombres G, Alaska, Miguel Bosé, Los Suaves, Tequila …)

Gin Toni’s presenta un directo moi fresco e próximo ao público, destacando un repertorio de temas ‘top’ daquelas décadas que aínda que deixamos atrás acompáñannos como o fan sempre os grandes clásicos, décadas douradas da música Española.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...