HomeCulturaDreaming Juliet este xoves no Multiusos de Monforte

Dreaming Juliet este xoves no Multiusos de Monforte

A programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios continua en Monforte de Lemos este xoves, 4 de novembro, ás 20:15 horas no Edificio Multiusos coa posta en escena da terceira obra correspondente a este ciclo, Dreaming Juliet da compañía Elefante Elegante

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dreaming Juliet é unha obra composta por Gonçalo Guerreiro, adaptada por María Torres e Gonçalo Guerreiro e protagonizada por María Torres, Gonçalo Guerreiro, Marta Alonso, Nacho Martín e Mighelón Paz.

O espectáculo inspírase na peza “Romeo e Xulieta” de W. Shakespeare para abordar a cuestión máis esencial da existencia humana: o amor. A paixón, a familia e a maternidade son os temas intrínsecos da obra e o teatro físico e visual a ferramenta da creación.

Dreaming Juliet pretende reflexionar sobre o futuro de Romeo e Xulieta no caso en que non tivesen morto. Que lle acontecería ó seu profundo amor se acabasen formando familia e tivesen que enfrontar a rutina de tódolos días?.

A seguinte obra do ciclo de teatro para adultos será O charco de Ulíses do Centro Dramático Galego que terá lugar o xoves, 18 de novembro, no Edificio Multiusos ás 20:15 h, sendo o prezo da entrada xeral de cinco euros e de tres euros para estudantes, desempregados e xubilados.

ÚLTIMAS

IGV denuncia que a Deputación convoca axudas para a vivenda do seu persoal e non impulsa unha política propia de vivenda social

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) do 17 de outubro de 2026 recolle unha...

A Cooperativa Lemos celebra a súa xuntanza anual e cea de confraternidade

A Cooperativa Lemos celebrou a súa xuntanza anual e cea de confraternidade para apoiar...

Agroma Sober leva a pleno revalorizar a Amandi, mellorando vías e fontes

A pesares de ser o nome que dá sona e historia aos viños da...

O BNG de Monforte presenta unha moción para que o Concello priorice o traballo cos bancos que manteñen atención presencial na cidade

O BNG de Monforte de Lemos presentou unha moción ao Pleno municipal para reclamar...