HomeCulturaOutro premio María Moliner de animación á lectura para a biblioteca de...

Outro premio María Moliner de animación á lectura para a biblioteca de Sober

A biblioteca pública de Sober acaba de ser galardoada cun dos premios María Moliner de animación á lectura que conceden o Ministerio de Cultura e a Federación Española de Municipios e Provincias. O centro xa conseguira este galardón noutras seis ocasiones.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A distinción foille outorgada por un programa denominado ‘Sober coa lectura’ que comprende actividades para nenos e adultos. O premio conleva unha subvención en metálico de 2.000 euros para a compra de libros e publicacións periódicas.

Os premios María Moliner concédense ás bibliotecas que levan a cabo un proxecto único que inclúa accións de animación á lectura e valoran especialmente aspectos como a eficiencia no labor bibliotecario, a integración social na comunidade e o uso das novas tecnoloxías. A biblioteca de Sober foi a única da provincia, xunto coa de Xermade, que foron premiadas na edición deste ano.

As actividades de animación á lectura son programadas pola bibliotecaria, Julia Fernández Garza, e a animadora sociocultural, Dunia Rodríguez Vázquez. Entre estas actividades figuran o programa semanal Merendas con Contos, dedicado aos usuarios de idade escolar, e o club de lectura Pintor de Castinande, para usuarios adultos, así como moitas outras actividades que se organizan ao longo do ano.

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, asegura que esta nova distinción “é un recoñecemento ao traballo que se fai, e que non cesou durante a pandemia porque sempre cremos que o apoio á cultura é fundamental tamén en momentos complicados e xa desde as idades máis temperás”.

ÚLTIMAS

Sarria Bikers, a concentración moteira de Sarria celébrase do 15 ao 17 de maio

A Xunta renova o seu apoio á concentración moteira organizada polo club Sarria Bikers,...

Castro Caldelas convértese no epicentro da cultura galega

O acto de celebración dos 798 anos do Foro do Bo Burgo comezará ás...

Daniel Areán: “A última vez que contei as medallas tiña 203”

Falamos con Daniel Areán Grejs, un mozo da parroquia de San Mamede, no Concello...