HomesociedadeSeminario Internacional sobre Enoturismo o 12 e 13 de novembro en Pantón

Seminario Internacional sobre Enoturismo o 12 e 13 de novembro en Pantón

O Seminario que organiza o GDR Ribeira Sacra - Courel, desenvólvese no Hotel Balneario Augas Santas de Pantón. Esta acción enmárcase dentro da liña de Animación e Dinamización do territorio dentro do programa Leader que xestiona o GDR como entidade colaboradora da Consellería do Medio Rural.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Ribeira Sacra, unha viaxe ás emocións, é un seminario destinado aos profesionais do mundo do viño, do turismo e das entidades de promoción turística. Conta co patrocinio da OIV, Organización Internacional do Viño.

O seminario ten como obxectivos a reflexión, debate, coñecemento e intercambio de experiencias entre profesionais do mundo do viño sobre enoturismo. Coñecer casos de éxito que animen á substitución xeracional e á diversificación económica para mellorar a rendibilidade das adegas da D.O. Ribeira Sacra. Poñer en valor o patrimonio cultural, natural e paisaxístico ligado ao mundo do viño. Impulso e mellora da oferta enoturística da Ribeira Sacra. Creación de sinerxias entras as adegas, e entre os diferentes D.O. Galegas. Mellorar a gobernanza das comarcas vitivinicolas impulsando a coordinación e cooperación cos axentes do territorio para incrementar a súa capacidade de xeración de valor.

Para inscribirse no seminario, destinado só para profesionais, é preciso remitir un correo a info@ribeirasacracourel.es, indicando nome completo, dni, lugar de procedencia e nome da empresa de procedencia. A inscrición é totalmente gratuíta. Aforo limitado a 50 prazas, asignadas por orde de inscrición.

ÚLTIMAS

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...