HomeCultura"Obra reciente" de Pablo Galego no Círculo Saviñao

“Obra reciente” de Pablo Galego no Círculo Saviñao

O pintor Pablo Galego inaugura a súa primeira exposición en solitario no Círculo Saviñao que titulou "Obra reciente".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pintor xa expuxera no Círculo en varias mostras colectivas, “Catro médicos pola Ribeira Sacra” de 2014, 2017 e 2019 e na de Amigos do Círculo Saviñao coa Asociación de Amizade Galego Portuguesa.

As pezas da exposición que agora chega ao Círculo Saviñao acaban de ser descolgadas do Colexio de Médicos da Coruña, onde formaron parte dunha exposición benéfica.

O doutor Pablo Galego Feal exerce na actualidade en Coidados Paliativos en Santiago de Compostela despois de formar parte do equipo de xestión do SERGAS durante anos.

O Círculo Saviñao síntese orgulloso de volver mostrar as obras de Pablo aos asociados, que poderán gozar da mostra ata o 5 de decembro.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...