HomeCulturaRock and roll no Buril con Sr. Salvaje, este sábado día 13

Rock and roll no Buril con Sr. Salvaje, este sábado día 13

O Buril, en Sarria, retoma a actividade despois da pandemia e faino co primeiro concerto que se cancelou por mor desta, Sr Salvaje.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Rock encabeza as listas de venda oficiais, e desde Sr. Salvaje preséntanse como unha das bandas que vén empuxando forte para poñer patas para arriba a escena. A banda fai un alto na gravación do seu próximo LP para actuar en varios escenarios e coller temperatura no inverno despois de publicar o seu último single: “Miss Fortuna” este mes de xullo.

Guillermo Vistoso (guitarra e voz), Antón Torroncho (baixo) e Emilio Iniesta (batería), son 3 habituais da escena musical galega que conforman este proxecto sen andrómenas, partindo de sons que lembran ao rock nacional de toda a vida e sen esquecer os seus grandes referentes do Rock americano dos anos 70.

Rock& Roll tradicional, con toques Hard e en castelán este sábado, 13 de novembro, no Buril ás 23:00 h. O pezo da entrada é de 5€.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...