HomeCulturaA música pecha agosto en Monforte e Sober

A música pecha agosto en Monforte e Sober

Fusión da música cubana e galega na Praza da Compañía en Monforte e Baile á luz da Lúa en Sober.

Publicado o

- Advertisement -

O concello de Monforte pecha a programación cultural de agosto cun novo concerto na Praza da Compañía. O músico e cantante galego Roi Casal presentará a partir das 22.30 do venres 31, o seu disco Son Galego, Son Cubano. Este traballo estreouse no Gran Teatro de La Habana no 2016, trátase dun proxecto por encargo do Instituto Cubano de la Música para poñer en valor os lazos de unión entre as dúas culturas. A cita está organizada polo concello de Monforte e conta co patrocinio da Deputación Provincial.

Xa o sábado 1 de setembro, Monforte celebra o XIX Festival de Habaneras. Actuarán:

  • Agrupación Coral San Antonio de Gijón
  • Agrupación C.I.T. San Cibrao
  • Coral Polifónica Concello de Monforte

A cita será como ven sendo habitual  na Praza de España a partir das 20.00 h.

Coas mesmas edicións que o Festival de Habaneras, Sober celebra este venres día 31, o seu Baile á Luz da Lúa. Este venres a partir das 22.00 na Praza do Toural. Trátase dun concurso de baile, organizado polo Concello de Sober, no que a música corre por conta da Banda de Música de Sober. Haberá premios para as mellores parellas.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...