Homesociedade"Enredando" para informar á mocidade sobre as condutas de control nas relacións

“Enredando” para informar á mocidade sobre as condutas de control nas relacións

A psicóloga clínica, Paula Sánchez, imparte obradoiros en 3º da ESO dos diferentes centros de ensino de Monforte con motivo do Día Internacional para a eliminación da violencia contra das Mulleres.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os obradoiros, titulados “Enredando”, teñen como obxectivo informar acerca dun manexo adecuado das redes sociais e as TIC por parte da mocidade, recoñecendo e analizando por parte do alumnado condutas de control nas relacións de parella e reflexionando sobre as consecuencias das condutas nocivas nas primeiras relacións ca finalidade última de promover relacións afectivas saudables e igualitarias.

Con apoio audiovisual e dun modo dinámico expóñense os contidos teóricos a través de exemplos fácilmente recoñecibles, reais e sinxelos para a mocidade.

Os obradoiros forman parte da programación da Concellaría de Muller e Igualdade de Monforte, a través do Centro de Información á Muller, para conmemorar o 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Complétase esta conmenoración nos centros de ensino co obradoiro “En liña coa igualdade” dirixido ó alumnado de 6º de educación primaria. Trátase dunha actividade de traballo grupal na que analizarán o uso das redes sociais, a visión da adolescencia nas redes (a importancia da imaxe, a hipersexualización infantil en internet…) así como as consecuencias negativas que a mesma provoca nos nenos, nenas e adolescentes.

O obradoiro será impartido por, Noelia Rodríguez Álvarez, educadora social con ampla formación e experiencia en igualdade, que traballará o que amosa a rapazada nas redes sociais e a rede de contactos que acceden a estes contidos.

ÚLTIMAS

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...

Monforte adxudica as obras de mellora dos accesos ao núcleo de Souto, en Guntín

A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao proxecto técnico e a adxudicación...

Ribeira Sacra e Mariña, os destinos máis demandados no programa ‘Coñece a túa provincia’

O programa Coñece a túa provincia, que impulsou a Deputación de Lugo hai seis...