HomesociedadeComo celebra Bóveda o 25N?

Como celebra Bóveda o 25N?

O Concello de Bóveda programa diversas actividades dirixidas a diferentes colectivos para amosar o seu rexeitamento á violencia machista con motivo do 25N. A programación desenvolverase no Centro Sociocultural.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A primeira actividade levarase a cabo o martes 23 ás 11:00 horas coa exposición e audiovisuais ‘Micromachismo’ destinada ás persoas con diversidade funcional da residencia e aberta a todas as persoas que desexen visitala.

Do 25 ao 30 de novembro levarase a cabo un reparto de bolsas por todos os domicilios de Bóveda co lema ‘Non á violencia de xénero’ para sensibilizar sobre esta problemática.

O xoves día 25 ás 11:00 horas o CEIP Rosalía de Castro participará no obradoiro ‘As mulleres que nos constrúen’.

O domingo 28 ás 18:30 horas Tarabela Teatro porá en escena o seu espectáculo ‘Tabú’, que nace froito das conversas recollidas con mulleres de entre 70 e 95 anos no Valmiñor, O Morrazo, O Courel, A Mariña lucense a Costa da Morte e o Couto Mixto sobre a súa vida erótica e sexual de xuventude. A obra está dirixida a maiores de 13 anos.

O 17 de decembro ás 12:00 horas o alumnado de 5º e 6º de primaria participará no obradoiro promovido pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta ‘Violencia de xénero no novo contexto dixital’.

As actividades, que organiza o Concello de Bóveda, están financiadas polo Pacto de Estado contra a violencia de xénero e a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta.

ÚLTIMAS

‘Xénese dun paiaso’ espectáculo do Mago Brandan en Sarria

O Mago Brandan ofrecerá once representacións do seu novo espectáculo “Xénese dun paiaso” do 1 ao...

A Cabalgata de Reis de Monforte comezará ás 18:30 en Doutor López Suárez

A chegada das Súas Maxestades a esta pista, está prevista ás 17.30h para que...