HomesociedadeChantada comeza as obras de rehabilitación do edificio da Academia como nova...

Chantada comeza as obras de rehabilitación do edificio da Academia como nova Casa Consistorial

“Cremos que unha poboación como Chantada merece un consistorio acorde cos tempos. Parécenos unha inversión que había que facer e seguiremos nesta liña, recuperando e dando exemplo no casco antigo coa recuperación de edificios”, conclúe o alcalde, Manuel Lorenzo Varela.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este luns, 5 de outubro, asinouse a acta de replanteo que permitirá comezar coas obras para rehabilitar a edificación localizada na Praza de España, nº23 onde estaba a coñecida como Academia, como nova Casa Consistorial.

O Concello de Chantada levaba dous anos traballando na busca de axudas e na redacción do proxecto para darlle utilidade a esta edificación que adquirira na zona vella ao carón da casa consistorial, para ampliar e reestruturar estas dependencias municipais e dotalas de accesibilidade.

Neste ano concretouse unha axuda da Xunta por importe de 500.000€ que favorece a execución da obra cun orzamento de licitación de 1.266.546,13€. O proxecto, que conta cos informes favorables da CHMS e co visto bo da Dirección Xeral de Patrimonio, ao estar no casco antigo, pasou ademais todos os filtros de contratación que corresponden a un proxecto de máis de 1.000.000€. Para a adxudicación seguiuse un procedemento aberto ao que se presentaron 8 empresas, resultando adxudicataria, Misturas, Obras e Proxectos S.A.

As obras, que darán comezo na vindeira semana, teñen un prazo de execución de 12 meses. Para a rehabilitación conservaranse as fachadas renovando toda a estrutura para facer varias plantas, utilizando teitos de madeira. Contarase cun patio interior acristalado e de madeira para conseguir luz natural e crear un espazo de traballo con presenza de vexetación.

Este novo edificio albergará o salón de plenos que agora se localiza na Casa da Cultura, posibilitando que a esta instalación se lle dean novos usos; e trasladaranse aquí distintas oficinas do concello ofrecendo dependencias accesibles para a cidadanía.

Co comezo das obras, a vindeira semana, non se permitirá o acceso e estacionamento na Praza de España, no Cantón e diante da Casa Consistorial con accesos puntuais para as persoas que residen na zona.

ÚLTIMAS

Este xoves, 8 de outubro, comeza no Multiusos de Monforte a programación teatral do último trimestre

O concello de Monforte presenta unha completa programación teatral deseñada desde a Concellería de...

Éxito organizativo e de participación na primeira edición da ‘Nocturna do Xeoparque Montañas do Courel’

O pasado sábado, 3 de outubro, celebrouse a primeira edición da Nocturna do Xeoparque...

OPINIÓN: O Bóveda Slam Poetry no XV campionato de Poetry Slam España

A cidade de Cartaxena acolleu, os días 17, 18 e 19 de setembro, o...

O paro aumentou en setembro 131 persoas na zona centro sur da provincia

Desde o Sindicato ven con preocupación o aumento con respecto ao mes de agosto,...