HomeCulturaEste xoves, 8 de outubro, comeza no Multiusos de Monforte a programación...

Este xoves, 8 de outubro, comeza no Multiusos de Monforte a programación teatral do último trimestre

A obra “Bio Construción” de Ibuprofeno Teatro pon en marcha a programación deste último trimestre, este xoves día 8 de outubro ás 20:00 horas no Edificio Multiusos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello de Monforte presenta unha completa programación teatral deseñada desde a Concellería de Cultura a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios de AGADIC na que está integrado o Concello, e dos Circuítos de Teatro Profesional e Afeccionado da Deputación de Lugo. Contarase con 12 espectáculos teatrais: oito a cargo de compañías profesionais e catro representados por grupos afeccionados.

Esta extensa programación comeza este xoves, 8 de outubro, coa representación de “Bio Construción”, da compañía Ibuprofeno Teatro, no Multiusos, e finaliza o sábado, 5 de decembro, coa actuación na Casa da Cultura do Grupo de Teatro Viraventos de Monforte, e a súa nova obra “Hotel Esperanza”.

O Alcalde, José Tomé Roca, anima ós monfortinos e monfortinas a “acudir ó Multiusos e á Casa da Cultura e participar destas actividades, dentro da aposta decidida que este Equipo de Goberno fai pola cultura, e neste caso, polo teatro galego”.

PROGRAMA COMPLETO

Xoves 8 de outubro, 20:15 h / Edificio Multiusos. “Bio Construción”, da compañía Ibuprofeno Teatro. Rede de Teatros e Auditorios / Concello de Monforte. Entrada 5€ / Estudantes, desempregados e xubilados 3 €  – Público adulto

Xoves 15 de outubro, 20:15 h / Edificio Multiusos. Vero Rilo. “Lavandeiras”. Rede de Teatros e Auditorios / Concello de Monforte. Entrada 5€ / Estudantes, desempregados e xubilados 3 €  – Público adulto +14 anos

Xoves 22 de outubro, 20:15 h / Edificio Multiusos. “Artur Ui, o ovo da serpe”, de Talía Teatro. Rede de Teatros e Auditorios / Concello de Monforte. Entrada 5€ / Estudantes, desempregados e xubilados 3 €  – Público adulto

Xoves 29 de outubro, 20:15 h / Edificio Multiusos. “#Influencers”, de Negro López. Rede de Teatros e Auditorios / Concello de Monforte. Entrada 5€ / Estudantes, desempregados e xubilados 3 €  – Público adulto +13 anos

Xoves 5 de novembro, 20:15 h / Edificio Multiusos. Mofa e Befa presentan “Os dous de sempre”. Rede de Teatros e Auditorios / Concello de Monforte. Entrada 5€ / Estudantes, desempregados e xubilados 3 €  – Público adulto +13 anos

Venres 6 de novembro, 20:00 h / Casa da Cultura. “A Rateira”, do grupo Argalleiras Teatro. Asociación Cultural Teatreiras / Concello de Monforte. Entrada Gratuíta – Todos os públicos

Xoves 12 de novembro, 20:15 h / Edificio Multiusos. “A Metamorfoso”, de Sarabela Teatro. Rede de Teatros e Auditorios / Concello de Monforte. Entrada 5€ / Estudantes, desempregados e xubilados 3 €  – Público adulto +12 anos

Sábado 14 de novembro, 20:00 h / Casa da Cultura. “Vermello”, de Rebuldeira Teatro-Sarria. Circuíto Teatro Afeccionado / Área Cultura Deputación Lugo / Concello de Monforte. Entrada gratuíta

Xoves 26 de novembro, 20:150 h / Edificio Multiusos. “A cámara escura”, de Vórtice Escénico. Rede de Teatros e Auditorios / Concello de Monforte. Entrada 5€ / Estudantes, desempregados e xubilados 3 €  – Público adulto +12 anos

Sábado 28 de novembro, 20:00 h / Casa da Cultura. “A Revolución, 1789… ou por aí”, de Teatreiras Monforte. Circuíto Teatro Afeccionado / Área Cultura Deputación Lugo / Concello de Monforte. Entrada gratuíta – Todos os públicos

Xoves 3 de decembro, 20:15 h / Edificio Multiusos. “Vermello”, de Rebuldeira Teatro-Sarria. Circuíto Teatro Profesional / Área Cultura Deputación Lugo / Concello de Monforte. Entrada gratuíta – Público adulto +12 anos

Sábado 5 de decembro, 20:00 h / Casa da Cultura. “Hotel Esperanza”, Grupo de Teatro Viraventos, de Monforte. Circuíto Teatro Afeccionado / Área Cultura Deputación Lugo / Concello de Monforte. Entrada gratuíta – Todos os públicos

ÚLTIMAS

Éxito organizativo e de participación na primeira edición da ‘Nocturna do Xeoparque Montañas do Courel’

O pasado sábado, 3 de outubro, celebrouse a primeira edición da Nocturna do Xeoparque...

OPINIÓN: O Bóveda Slam Poetry no XV campionato de Poetry Slam España

A cidade de Cartaxena acolleu, os días 17, 18 e 19 de setembro, o...

O paro aumentou en setembro 131 persoas na zona centro sur da provincia

Desde o Sindicato ven con preocupación o aumento con respecto ao mes de agosto,...

O IES Río Cabe de Monforte proclámase, no Palacio da Bolsa de Madrid, campión de España de Educación Financeira

O IES Río Cabe de Monforte de Lemos proclamouse este luns campión de España...