HomesociedadeO IES Daviña Rey escollido para formar parte da ‘Rede Galega de...

O IES Daviña Rey escollido para formar parte da ‘Rede Galega de Centros Dixitais’

O pasado 11 de novembro publicábase a resolución da Consellería de Cultura, Educación e Universidades que confirmaba a boa nova para o centro educativo monfortino.

Publicado o

- Advertisement -

O IES Daviña Rey, como novo centro integrado na Rede Galega de Centros Dixitais, constituída a mediados de novembro para impulsar a transformación do sistema educativo, terá a responsabilidade de ‘mentorizar’ na elaboración do Plan Dixital aos centros sostidos con fondos públicos da súa zona de actuación, que no seu caso é toda a provincia de Lugo excepto a Mariña.

Con este fin, a profesora do instituto, Mª Jesús Casado Barrio, acompañará aos demais centros no deseño, elaboración e implementación deste plan, e pasará a formar parte do equipo ADIX (“Equipo de Apoio Dixital aos Centros”).

A elección de centros e docentes foi realizada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidades despois dun rigoroso proceso selectivo no que se valorou a traxectoria na implantación das novas tecnoloxías e no uso das TIC. O IES Daviña Rey conta cun amplo historial de traballo neste sentido, pois xa no ano 2004 foi pioneiro na implantación dun Sistema de Xestión de Calidade Certificado por AENOR que se modernizou incorporando á nube toda a documentación sobre o funcionamento do instituto, cun incremento importante de material informático, e un cambio nas formas de traballo e metodoloxía docente.

Unha proba deste bo facer na aplicación das novas tecnoloxías quedou reflectido durante o confinamento. O centro educativo afrontou eses difíciles momentos con boa formación e recorrendo ao ensino en liña do seu alumnado. Este foi quizais un dos puntos fortes valorados polas autoridades educativas á hora de seleccionar ao centro, pois está moi ben equipado e conta cun profesorado e persoal non docente formado no uso das TIC. Ademais o IES Daviña Rey foi no seu momento centro piloto a nivel galego na introdución de computadores na aula e dos libros dixitais, recibindo por iso nos últimos anos varios premios pola súa participación en proxectos relacionados coas novas tecnoloxías.

“Con este recoñecemento por parte da Consellería de Educación, ao IES DAVIÑA REY e á nosa profesora María Jesús Casado, o centro sobe un chanzo e aborda con ilusión un novo compromiso: ser guías doutros centros educativos no uso das TIC, que entendemos desde a Dirección como unha excelente noticia para a nosa comarca e para o conxunto das comunidades educativas da nosa provincia”, manifestou o Director do centro, Isaac González.

Isaac González González, Director do IES Daviña Rey / XdL

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...