Homesociedade"O concello de Monforte emprega reunións telemáticas para acalar aos representantes dos...

“O concello de Monforte emprega reunións telemáticas para acalar aos representantes dos traballadores”, asegura a CIG

O sindicato levántase da Mesa de Negociación asegurando que non serán cómplices "na campaña de acoso e derribo que están a levar contra os representantes dos e das traballadoras de Monforte."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo a CIG na anterior MXN (Mesa Xeral de Negociación) do 15 de xullo o Concello de Monforte comprometeuse a celebrar de xeito presencial as MXN, pero, a convocatoria deste 19 de novembro foi para asistir novamente de xeito telemático. “Este feito podería pasar como un acontecemento menor se non fose que aos representantes da Xunta de Persoal e Comité de Empresa, que sempre formaron parte destas Mesas de Negociación, se lles priva agora de poder participar”, afirma o sindicato, que considera que o equipo de goberno de Monforte emprega as xuntanzas virtuais co único fin de facilitar o veto á presenza de Comité de Empresa e Xunta de Persoal.

“Negar a presenza do Comité de Empresa e Xunta de Persoal o único que consegue é empobrecer a negociación e evitar que os traballadores de Monforte teñan unha voz directa nas negociacións. Somos conscientes dos conflitos estériles que dende a administración se veñen impulsando. Tamén somos conscientes da situación da administración que non dá resposta ás preguntas e demandas que os representantes dos traballadores lle están a facer”, sentencia a CIG.

Segundo a CIG con estas medidas o equipo de goberno dá as costas aos traballadores da institución ao pecharlle a porta aos seus representantes e pretende sacar as cousas adiante pola súa conta, “mais nós non estamos polo labor de dar carácter de normalidade a unha situación anormal. Se o comité de empresa e a xunta de persoal non está, a CIG tampouco estará2, insiste o sindicato.

ÚLTIMAS

Cantos de Taberna no Saviñao

O Concello do Saviñao organiza unha nova edición de Cantos de Taberna para ambientar...

Aberta a inscrición nas XXIII Xornadas Pedagóxicas que organiza a Rede Museística en Tor e San Paio de Narla

A deputada de Cultura, Iria Castro, e a xerente da Rede Museística Provincial de...

Espectacular programa para gozar da XXI Feira Medieval de Monforte

A cidade de Monforte amosa xa, coa decoración de rúas, unha expectación previa que...