HomeEconomíaMonforte, 7 anos con orzamentos "en tempo e forma"

Monforte, 7 anos con orzamentos “en tempo e forma”

O concello continua con débeda cero e sen previsións de ningún préstamo. O alcalde destacou que nos orzamentos queda claro o compromiso social deste Goberno Municipal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, xunto co concelleiro, José Luís Losada, presentou os Orzamentos Municipais para o ano 2022, “un orzamento que  é froito do rigor e da boa xestión económica que dende o Equipo de Goberno vimos realizando dende que estamos ó fronte deste Concello. Levamos 7 anos consecutivos cumprindo o compromiso de presentar os orzamentos en tempo e forma”.

A previsión de ingresos e de gastos do orzamento para o ano 2022 é de 14.892.364,97 euros, preto de 15 millóns de euros, ao que na práctica habería que engadir 900.000 euros máis de ingresos que se incorporan de investimentos comprometidos e que están en execución, como o plan de Accesibilidade, o Parque do Hospital, a Urbanización da Zona C ou a Ponte do Malecón

Os ingresos que aumentan con respecto ó ano anterior corresponden principalmente á participación nos Tributos do Estado, que supoñen un incremento do 25%, en relación co ano anterior, o que ven a ser un total de 543.986,67€ máis que no ano 2021.

No relativo ós Fondos de Cooperación cos Concellos da Xunta de Galicia, o Alcalde destacou que “non aumentan nin un só euro, ó contrario, diminúen con respecto ó ano 2021 en 16.300,24€, o que evidencia que o goberno do Sr. Feijóo, outro ano máis, non ten intención de axudar a Monforte nin ós Concellos en xeral”.

O capítulo de persoal é dos que máis aumenta no apartado de gastos, un 3,96%, quedando a partida total en 4.643.549,84 €, debido ó incremento salarial, custes de antigüidade e cobertura de vacantes. Créanse 3 novas prazas para Policía Local, Técnico Informático e Auxiliar Administrativo.

Na área de Cultura, aumenta o orzamento debido a que se incrementan os gastos para a Feira Medieval e do Festival do Viño, xa que o Equipo de Goberno retomará a organización de eventos que levababa a cabo antes do inicio da Covid-19. “En concreto pasamos de 115.000 euros a 125.000 euros, o que supón 10.000 euros de incremento, un 8,70%.” Recuperan con forza as Festas Patronais, incrementando o seu orzamento de 300.000 euros a 350.000 euros.

“En definitiva”, concluíu o Alcalde, “son uns bos orzamentos que manteñen as liñas xerais de anos anteriores, porque Monforte evoluciona ben, procurando reducir o máximo o gasto corrente para atender outras áreas de gasto que para nos son prioritarias como son a atención as persoas, a mellora da cidade, o deporte, a cultura ou o medio ambiente”.

“Como se pode ver, son uns presupostos claramente sociais pensados para dar un  mellor servizo a tódolos veciños de Monforte, e  por todo isto, esperamos que o resto dos grupos municipais tamén apoien co seu voto este orzamento que levaremos o Pleno do vindeiro luns 29 de novembro, un orzamento que é bo para Monforte.”

ÚLTIMAS

O programa para a XXI Feira Medieval darase a coñecer na inauguración do ‘mercado temático’ da Praza de Abastos de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, inaugurará este sábado día 5 de abril ás...

Agreden a un árbitro menor de idade tras o partido entre o Calansancio e o Arenteiro

A familia dun árbitro de 16 anos presentou unha denuncia ante a Policía Nacional...

O Concello de Chantada inviste 53.000€ na adecuación da contorna da igrexa de Santa María de Nogueira

O Concello de Chantada conta cunha subvención da Axencia de Turismo de Galicia de...

Monforte estrea pistas de tenis con plataforma automatizada de alugueiro

Rematan as obras de reparación das pistas de tenis municipais consistentes na mellora do...