HomePolíticaA Plataforma Lugo non Perdas o Tren quere garantir a alta velocidade...

A Plataforma Lugo non Perdas o Tren quere garantir a alta velocidade na provincia

A presidenta do PP da provincia de Lugo, Elena Candia, e a plataforma ‘Lugo… non perdas o tren’ reclaman máis frecuencias e a contrución das variantes ferroviarias que o Goberno central tiña proxectadas para esta provincia para garantir a chegada da alta velocidade e "non quedar descolgados da mesma".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A plataforma ferroviaria e Candia mantiveron unha reunión de traballo, unha vez coñecido o desenvolvemento do AVE Madrid-Ourense. Ambas as partes sinalan que a chegada no novo servizo á cidade das Burgas «é unha boa nova», pero considérana «insuficiente» para Lugo, xa que a provincia queda só cunha frecuencia directa sen transbordo en Ourense.

«Isto déixanos moi afastados», afirman. Por iso, engaden, «pedimos unha vez máis ao Goberno que retome a construción das variantes, xa que a chegada da alta velocidade a Lugo pasa indiscutiblemente pola súa posta en marcha ».  

A presidenta provincial convida ao resto de forza políticas, é dicir, ao PSOE e ao BNG a sumarse ás reivindicacións do PP, pois “a parte de non pedir nada novo, están dirixidas a reclamar o que demandamos todos os lucenses; non facelo sería desentenderse das súas obrigas como partidos políticos”.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...