Homesociedade60.000 euros para impulsar a promoción da Ribeira Sacra

60.000 euros para impulsar a promoción da Ribeira Sacra

A Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo vén de asinar un convenio de colaboración co Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra polo que destina 50.000 euros para financiar accións de promoción desenvolvidas este ano.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A través deste acordo asúmense os custos de reedición de soportes impresos; campañas e accións estratéxicas en redes sociais, medios especializados e eventos; catálogos de produtos; ampliación do banco de imaxes e a produción dun vídeo promocional en formato Storytelling, ademais doutras accións de difusión e comercialización. Tamén está incluído o primeiro Festival de Patrimonio Os Peares.

A Axencia de Turismo de Galicia asume o 80% do orzamento que contempla o convenio e o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra inviste 10.000 euros ata completar os 60.000 previstos.

O delegado territorial, Javier Arias, salientou que a aposta da Xunta pola calidade e a sustentabilidade do modelo de turismo galego cobra especial importancia en territorios como a Ribeira Sacra, “que está a consolidarse como un auténtico referente en turismo de interior”. Nese sentido, lembrou que esta zona beneficiouse dun dos dous Plans de Sostibilidade aprobados polo Estado o ano pasado -xunto co de Santiago de Compostela-, cofinanciado polo Goberno galego con 850.000 euros.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...