O Concello de Monforte de Lemos conmemorou este xoves, 25 de Novembro, o Día Internacional contra a violencia machista, dentro da campaña de sensibilización “Monforte, en Negro contra as Violencias”, organizada pola Concellería de Muller e Igualdade organiza, a través do Centro de Información á Muller (CIM).
Tralo manifesto, o acto na Praza do Concello, seguiu coa lectura dun poema por parte da concelleira e escritora monfortina, Margarita Rodríguez Otero e concluíu coa celebración dun minuto de silencio por todas as vítimas de violencia machista.
Manifesto 25N Monforte
Con motivo do Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, penso que hai que comezar polos datos terribles que nos da a “Macroencuesta de violencia contra la mujer” na que se di que un 34,2% das españolas recoñecían ter sido vítimas do machismo en algún dos seus xeitos.
Non quero esquecerme das mulleres das zonas rurais, no que o sufrimento adoita ser maior polo illamento das vítimas.
A día de hoxe son xa 37 as mulleres asasinadas por este tipo de violencia no que vai de ano 2021 e mais de 1100 dende o 2003. Compre pararse a pensar que estes no son só números, son nomes, rostros, ilusións perdidas e vidas truncadas.
E o que ten a culpa de todo isto e o machismo criminal agochado na nosa inxusta sociedade, que non respectan nin recoñecen á inmensa maioría desa sociedade que esta formada por mulleres.
Hoxe, e un feito que os que negan a existencia desde tipo de violencia está medrando en todo o mundo, tamén en España. Escóitanse voces dos que queren limitar os dereitos das persoas asañándose moito mais en contra das mulleres.
Cómpre unidade e firmeza contra os que negan esta realidade, e rematar con este sufrimento é cousa de toda a sociedade, sendo fundamental que se impliquen todos os poderes do Estado e das Administracións a mais de todas as ferramentas con que conta un pais democrático como é España.
Hai que loitar para que ningún interese partidista estea por riba do recoñecemento deste modo de violencia.
Sabemos que existe no mundo o peor tipo de violencia que o sofren as mulleres e as nenas, só por ter nacidas co sexo feminino: violencia sexual, matrimonio a forza, mutilación, xenital, prostitución son somentes algunhas das caras da mesma moeda.
As violencias son todas rexeitables e compre loitar contra todas en cada un dos frontes onde haxa que dar a batalla, pelexando sempre pola igualdade e o feminismo.
Sabemos que non é doado, mais por iso non debemos deixar de intentalo, tódolos dias, a todas horas, e dende todos os lugares onde sexa preciso.
TEMOS QUE GAÑAR ESTA LOITA!!!!!!!