HomesociedadeComeza en Monforte a campaña informativa porta a porta sobre separación de...

Comeza en Monforte a campaña informativa porta a porta sobre separación de residuos

Baixo o lema "Usa os colectores de cores: se ti separas, nós reciclamos", a campaña ten por obxectivo informar á veciñanza sobre as claves para que poidan levar a cabo unha axeitada reciclaxe dos residuos que xeran nos fogares.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A campaña comeza este luns 29 e prolongarase ata o vindeiro 24 de novembro tentando chegar coa información directamente ó cidadán, polo que se fai a campaña porta a porta, “unha persoa especializada en medio ambiente fará visitas domiciliarias, que serán realizadas tanto no núcleo urbano como nas diferentes parroquias”, explica o alcalde, José Tomé.

Farase reparto de folletos informativos no quese explican as diferentes fraccións a reciclar, así como os teléfonos de contacto e horarios de apertura do punto limpo de Monforte. O calendario de visitas iniciarase no casco urbano para despois continuar polas parroquias.

No ámbito urbano aproveitarase tamén para facer visitas ós comercios, recordándolle os diferentes servizos cos que poden contar, como pode ser a recollida porta a porta do cartón comercial, indicando os puntos de recollida máis próximos e os horarios de recollida. A campaña complétase cun stand informativo nos puntos de maior tránsito peonil da cidade, días antes do inicio do período das festas de Nadal.

A campaña incide especialmente no tipo de residuos que se deben depositar en cada un dos colectores específicos que para elo pon o Concello a disposición dos cidadáns:

  • Colector azul: no que se poden depositar todo tipo de produtos de papel: revistas, follas, xornais, caixas de cartón, envoltorios… E nel non se pode depositar nada que non sexa de papel ou cartón, por exemplo, bolsas de plástico, briks, envases, etc.
  • Colector amarelo: é o que recolle os envases de plástico, como botellas de auga, briks de zume ou leite, latas de refresco, conservas, etc. Neste colector non se poden depositar residuos tales como CD’s, roupa, bombillas, residuos orgánicos ou produtos contaminantes.
  • Colector verde: o destinado ós envases de vidro, tales como botellas ou tarros. Non admite todo aquelo que non sexa vidro: tapóns e tapas dos tarros, cristais de espellos, ventás…

ÚLTIMAS

‘Metamorfose’, o novo sinxelo do artista ‘Peitoescuro’ camiño do seu primeiro álbum de estudio

O proxecto de Rubén Gutiérrez, coñecido artisticamente como 'Peitoescuro', segue avanzando. O pasado 18...

Traballo colectivo da Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next para a súa posta en funcionamento

Os encontros desenvólvense os venres pola tarde coa presenza dun máximo de 20 empresas,...

O BNG de Monforte leva a pleno un punto de información turística na Compañía

Explican os nacionalistas que o tramo da rúa Doutor Casares máis próximo ao centro...

Mario Obrero presenta o libro ‘Con e de curcuspín’ este 26 de maio na Pobra do Brollón

Con e de curcuspín é un ensaio no que a reflexión lingüístico-literaria mestúrase coa...