HomeCulturaComo vive a comarca de Lemos este Día das Letras

Como vive a comarca de Lemos este Día das Letras

As actividades culturais por mor deste día son múltiples e moitos concellos levan días festexándoos.

Publicado o

- Advertisement -

O 17 de Maio é o día da nosa cultura, da nosa lingua. Este ano a homenaxeada é María Victoria Moreno Márquez.  Profesora e escritora que, dende que chegou a Galicia no 1963, enriqueceu a nosas letras tanto na narrativa como nos estudos literarios, no ensaio, na poesía e na didáctica da lingua e da literatura galegas. E, por suposto, a comarca de Lemos tamén se lembra desta mestra que ensinou a amar a nosa lingua a moitas xeracións de lucenses.

Sarria foi o concello máis madrugador e xa o sábado día 12 comezou cos actos de celebración enmarcado no certame “Letras e Lectura Sarria“. Para este 17 hai programadas sesións infantís baseadas nas obras de María Victoria Moreno Márquez. Para as 20:00 horas, na Casa da Cultura está programado o Festival de Música, Teatro e Danza cas actuacións de Ritmolugo, Rebuldeira Teatro, A.C.Peleriños e Coro Sarricanta.

Ilustración de María Victoria Moreno / compostelaturismo.com

Chantada e Bóveda tamén celebraron cos máis cativos da vila este día con sesións infantís e de contacontos baseados nas obras da homenaxeada nas horas lectivas dos respectivos centros educativos.

En Monforte, o 16 de maio déronse a coñecer os gañadores do certame de narración e debuxo infantil organizado polo concello. Pódense consultar os gañadores na seguinte ligazón: Gañadores Certame Concello Monforte. Posteriormente celebraranse as III Olimpiadas Escolares onde preto de 600 rapaces dos diferentes centros escolares da cidade, competirán en diversas disciplinas deportivas no Pavillón de A Pinguela. A partir das 20:00 horas, no Edificio Multiusos, celebrarase o “Festival  Letras Galegas 2018” onde actuarán o Grupo de Gaitas e Grupos de Danza Tracional da Escola Municipal de Música e a Coral Polifónica do Concello de Monforte de Lemos. Tamén este xoves, ás 17:30 horas, no Pavillón Plurilingüe Virxe do Carme de Sober celebrarase a VII Ximnastrada onde se pode desfrutar das coreografías realizadas polo Clube Quincela, Asociación Deportiva Aixa e CEIP Virxe do Carme de Sober.

Quiroga tamén se une a celebración deste día e así, a partir das 12:30 horas, no Concello entregaranse os premios aos gañadores do Certame de Narración e Debuxo “Letras Galegas 2018”. Seguidamente nomearase como filla adoptiva da vila a Celia Díaz Núñez. Os actos rematarán ca actuación do grupo de gaitas O Recanto.

Para esta fin de semana aínda están programadas varias celebracións como ocorre no concello da Pobra do Brollón onde o sábado celebrarase o “Festival das Letras Galegas” na casa cultura Olga Novo a partir das 18:00 horas. Ese mesmo día, na parroquia de Cereixa, a través da Asociación María Castaña, celebrarase a comida popular dos veciños que posteriormente gozarán dunha sesión de teatro organizada por eles mesmos e que cada ano está a ter máis público.

 

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...