HomePolíticaO prezo do leite e unha nova depuradora para a vila, cuestións...

O prezo do leite e unha nova depuradora para a vila, cuestións a tratar no pleno de Chantada

No pleno ordinario deste 2 de decembro en Chantada trátase a moción do Sindicato Labrego Galego por uns prezos dignos para o sector lácteo. Desde Por Chantada asumen a defensa desta moción.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

En setembro de 2021 o Concello de Chantada contabilizaba 541 persoas afiliadas na Agricultura ás que habería que sumar toda a estrutura de servizos á actividade gandeira que está asentada no Concello. Consideran desde Por Chantada que as demandas do SLG deben de ser asumidas pola corporación municipal e instar ao Presidente da Xunta a tomar a iniciativa neste paquete de medidas:

  1. A convocatoria urxente da Mesa do Leite e con carácter permanente.
  2. Que o Ministerio recolla a obrigatoriedade de crear índices de referencia vinculantes para impedir prezos e condicións abusivas.
  3. Que a Consellería sexa a encargada da realización e actualización deses índices de referencia obxectivos e representativos da realidade das granxas galegas.
  4. Que se estableza un sistema de mediación que impida os abusos sobre a parte produtora e que garanta que os contratos non sexan de adhesión.
  5. Que ningún operador lácteo poida operar se non ten aval suficiente para o pago do leite.
  6. Establecer unha liña de traballo urxente coas Administracións para reducir os custos de produción.
  7. Compromiso por parte do Concello de non mercar leite de empresas que estean a pagar prezos inxustos aos gandeiros, decantándose por marcas galegas que merquen e procesen o leite na Galiza.

O BNG Chantada reclama unha nova depuradora

A formación nacionalista considera de vital importancia o arranxo desta infraestrutura que, segundo denuncian, é “vella e ineficaz e leva contaminando o río Asma desde hai bastante tempo.”

Os nacionalistas chantadeses, que xa denunciaron os vertidos ao río Asma sen depurar, enviaron unha emenda aos orzamentos da Xunta de Galiza na que reclaman unha nova depuradora así como a reparación da rede de sumidoiros de toda a vila e instan ao goberno local a tentar resolver esta situación.

ÚLTIMAS

Ribeira Sacra Next impulsa o emprendemento desde a escola para este curso

Nunha primeira fase do proxecto formarase en metodoxía aos centros de ensino para crear...

Iníciase novo procedemento de contratación do equipamento do ximnasio da Pinguela

A Xunta de Goberno aprobou esta semana, o expediente negociado e sen publicidade para...

Chantada contra as violencias machistas, Súmate! 25N

Chantada contra as violencias machistas, Súmate! 25N, é o slogan da campaña que inclúe...

Olga Novo participa nun acto coa ‘represión franquista contra a arte’ como protagonista

A voz da escritora Syra Alonso (A Coruña, 1899 – México, 1970) emerxe dende...