HomeDeportesTai Chi e Ioga nas Escolas Deportivas de Monforte para adultos

Tai Chi e Ioga nas Escolas Deportivas de Monforte para adultos

O prazo para inscribirse nas Escolas Deportivas Municipais está aberto do 3 ao 27 de setembro.

Publicado o

- Advertisement -

 

As Escolas Deportivas Municipais de Monforte desenvolveranse entre o 1 de outubro e o 31 de maio. Considéranse non lectivos os días festivos (locais, autonómicos e nacionais), así como as vacacións escolares de nadal, semana santa e entroido. A taxa por escola e curso é de 92,70 €. Os alumnos que pertenzan a familia numerosa terán unha bonificación do 50 %.

A oferta de actividade para nenos/as:

  • Patinaxe
  • Golf
  • Pádel
  • Kung Fu
  • Zumba Infantil

A oferta para persoas adultas:

  • Ximnasia de mantemento
  • Tai Chi
  • Ioga
  • Zumba Adultos

Para a prestación do servizo en cada modalidade a porcentaxe de inscritos ten que ser como mínimo do 25% das prazas ofertada. Toda a información sobre estas actividades na web municipal.

 

ÚLTIMAS

Yoraxi Melean, adestradora venezolana de Monforte, medalla ao Mérito Deportivo

Dende o Clube Voleibol Ribeira Sacra felicitan a Yoraxi Melean pola medalla ao Mérito...

Presentada a programación da XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón

A presentación da XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón, que tivo...

15.000€ para a limpeza e roza da contorna do conxunto monumental de San Vicente do Pino

O concello de Monforte vén de contratar os traballos de desbroce na contorna do...

Medio milleiro de persoas camiñaron contra o cancro polas ribeiras de Chantada

Con saída e chegada na adega Condado de Sequeiras, cuxo apoio resulta esencial para...