HomesociedadeSober súmase ao programa de formación aberta "Aula Mentor"

Sober súmase ao programa de formación aberta “Aula Mentor”

Para participar hai que elixir entre a ampla gama de cursos ofertados, contactar coa aula, matricularse e pagar as taxas. Despois, xa sería cuestión de seguir o curso a distancia que se elixa en horario flexible e facer o exame presencial na aula de informática. De aprobalo obterán un certificado emitido polo Ministerio de Educación e Formación Profesional.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Sober vén de subscribir un convenio co Ministerio de Educación e Formación Profesional para o desenvolvemento do programa de formación aberta ‘Aula Mentor’.

Con este acordo preténdese promover ofertas de aprendizaxe flexibles que permitan a adquisición de competencias básicas e, no seu caso, as correspondentes titulacións, a aqueles mozos e adultos que abandonaron o sistema educativo sen ningunha titulación.

Concíbese como un mecanismo para achegar á poboación e con especial atención a aquela cuxa residencia se atopa afastada dos grandes núcleos urbanos, dunha oferta formativa, cultural e de difusión das tecnoloxías da información e a comunicación. Destaca o seu carácter aberto, sen requisitos de acceso, e unha oferta formativa de carácter non formal que se adapta ás necesidades da poboación adulta.

O modelo é flexible en ritmos de aprendizaxe, baseado nunha atención titorial personalizada e con materiais desenvolvidos especificamente para o traballo a distancia mediante o uso das tecnoloxías da información e a comunicación.

A aula de informática e novas tecnoloxías do Concello de Sober dará un apoio persoal, configurándose como un centro de recursos e de socialización. Acollerá tamén a proba de avaliación, presencial e final, para certificar o aproveitamento dos cursos. A oferta formativa permite actualizar o perfil profesional, potenciar o acceso ao emprego e aumentar a formación básica.

O equipo da Aula Mentor de Sober está formado polo AEDL, Carlos Losada, a orientadora laboral, Beatriz Vivirido, e a técnica de informática, Rocío Fernández.

ÚLTIMAS

Entrega de premios do certame de Poesía Infantil Nadal 2025 en Monforte

Esta semana entregáronse na Casa da Cultura Lois Pereiro de Monforte de Lemos, os...

A Rede Municipalista Solidaria reúnese na Pobra do Brollón

O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou esta semana na xuntanza da...

“Agosto astronómico” para o turismo en Chantada

A Oficina Municipal de Turismo do Concello de Chantada recibiu 5.365 visitantes no pasado...

O viños da Ribera Sacra na Barcelona Wine Week do 2 ao 4 de febreiro

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra participará por segundo ano consecutivo...