Homesociedade"Petiscos de Nadal" este sábado, 18 de decembro, en Taboada

“Petiscos de Nadal” este sábado, 18 de decembro, en Taboada

Petiscos de Nadal xurde como unha oportunidade para dar a coñecer os produtos artesáns da vila e establecer unha crecente sinerxía con outros produtos de concellos da Ribeira Sacra e dos arredores, co obxectivo de que esta cita sexa un punto de referencia para dar a coñecer os produtos da Ribeira Sacra e apoiar novas propostas e iniciativas de artesáns que aporten valor a esta "marca".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Praza de Riazón, en Taboada, será o escenario dun mercado propio do Nadal que albergará a máis dunha ducia de postos, onde a artesanía e a gastronomía da zona, serán os protagonistas principais…como por exemplo o coiro, o viño, o mel, o aceite e as galletas.

“É unha oportunidade para visualizar e poñer en valor produtos da zona, sensibilizando e incentivando a aposta por estes produtos como agasallos de Nadal, xerando así un efecto dinamizador no comercio de proximidade, …no comercio local. Estamos moi satisfeitas  de conseguir unha gran variedade de postos para que a xente teña a posibilidade de mercar os diferentes produtos que forman parte do mercado”, sinalan desde ACIMTA, organizadores desta xornada.

Ás 12:00 abriranse os postos, media hora despois celebrarase a monocata de Arantxa Treus e Isabel Lozano, onde as risas e as características tanto dos viños como da propia Ribeira Sacra acompañarán a todas as persoas asistentes.

De 15:30 a 18:30 contarase con demostración de olería de Gundivós con Elías González. Ás 16:30 os máis cativos terán un obradoiro infantil de repostería creativa, seguida do contacontos Anxo Moure (17:30). E para rematar contarase coa música tradicional galega de Airiños da Freba (18:30).

Desde a organización convidan á participación, “Con todo isto queremos recrear un ambiente acolledor, propio do Nadal, representativo do noso rural, da Ribeira Sacra. Iniciativas como Petiscos de Nadal son totalmente seguras para que a xente poda desfrutar da maxia destes últimos días do ano.”

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...