HomePolítica"A sinalización da N-120 é insuficiente para mellorar a seguridade", asegura o...

“A sinalización da N-120 é insuficiente para mellorar a seguridade”, asegura o BNG comarcal

Os nacionalistas celebran o reforzo da seguridade viaria da N-120 pero consideran que o máis urxente é o arranxo do firme, unha medida que veñen pedindo estes últimos meses.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As obras de mellora na seguridade viaria que está acometendo o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda urbana, que consisten no reforzo da sinalización horizontal nos treitos con dobres carrís e o repintado do vial, non convencen ao BNG do sur de Lugo. Consideran insuficientes ditas actuacións, tendo en conta a situación na que se atopa o firme desta estrada.

Lembran que no pasado mes de outubro o deputado nacionalista, Néstor Rego, presentou unha iniciativa no Congreso dos Deputados solicitando o arranxo da N-120, considerando como imprescindibles os investimentos para acometelo de xeito urxente e ter así unha estrada do século XXI.

“Reforzar a seguridade viaria está ben, mais o primeiro que se debería facer é o arranxo do firme, especialmente naqueles tramos onde presenta un deterioro moi notable, así como a habilitación de carrís adicionais onde sexa posible” declara Rosana Prieto, Responsable Comarcal do BNG. “Levamos tempo solicitando o arranxo desta estrada, fundamental no desenvolvemento da nosa comarca e principal vía de comunicación co sur do País e coa meseta” engade.

Moción aprobada por unanimidade en Quiroga

O pasado mes de setembro, o BNG de Quiroga presentou unha moción en sede plenaria na que pedía que dende o Concello de Quiroga se fixeran as xestións oportunas co Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axencia Urbana para proceder ao “arranxo e correcto mantemento” da N-120 ao seu paso por Quiroga. A proposta nacionalista foi aprobada por unanimidade.

Nesta iniciativa referíanse varios puntos conflitivos, como por exemplo o tramo do viaducto do Soldón denunciando que estaba xa “nun estado de deterioro asfáltico límite, susceptible de provocar avarías e accidentes graves”.

O devandito tramo chegou a ser ‘parcheado’ meses atrás pola empresa que fai o mantemento desta vía de comunicación pero dende hai unhas semanas o problema volveuse presentar. Tras levantarse o asfalto de novo estanse creando outra vez importantes fochancas. Tanto é así, que o medio dixital local Diario de Quiroga vén de denunciar queixas de veciños da aldea de Soldón por mor dos danos que provoca a grava miúda que se desprende ao paso dos coches.

ÚLTIMAS

En marcha o Ciclo de Concertos de grupos monfortinos

Este ciclo foi unha das principais novidades do Programa de Verán de 2022, e...

Outeiro, o Mazo e Soldón, en perigo, no lume descontrolado que ameaza o Courel

A Serra do Courel, unha das xoias ecolóxicas de Galicia, volve a estar en...

20.000 hectáreas levan ardidas co incendio que comezou en Larouco o día 13

Cos datos provisionais que ofrece este 19 de agosto a Consellería de Medio Rural,...