HomeCulturaA completa programación de Nadal de Sarria ao detalle

A completa programación de Nadal de Sarria ao detalle

O Concello de Sarria vén de presentar unha ampla oferta de actividades para todos os públicos pero con especial atención aos máis cativos. Haberá teatro, música, maxia, pista de xeo, eventos deportivos e non faltará a presenza de Papá Noel, O Apalpador e os Reis magos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este xoves 23 de decembro encétase o programa de actividades de Nadal no Concello de Sarria co desfile de Papá Noel e O Apalpador ‘solidario’ a partir das 18:00 h. Ademais do concello, fan posible este evento o Club Clásicos/as Sarria e os clubs e escolas deportivas da vila.

Un pouco máis tarde, ás 20:00 h. procederase a inaugurar a ‘Pista de xeo’ na Praza da Vila, permanecendo operativa e aberta ao público se nada o impide ata o vindeiro 9 de xaneiro.  

Tras o descanso de noiteboa chega o 25 de decembro cunha actuación de maxia a cargo do mago local, Roberto Lolo, na Casa da Cultura ás 18:00 h.

Roberto Lolo, mago sarriaó. Foto: R.L.

Este mesmo día, ás 20:30 h. a Igrexa do Rosario acollerá o ‘Concerto de Nadal’ a cargo da Banda de Música de Sarria, a Coral Polifónica do Concello de Sarria e a coral Sarricanta.

O domingo 26 de decembro a axenda de eventos lémbranos que hai un partido de fútbol solidario dos equipos xuvenís da SD Sarriana e CF Calasancio ás 17:00 h. no Estadio Municipal de A Ribela; unha actuación da Apalpadora –filla do Apalpador– no Colexio de Louseiro ás 16:30 h e unha sesión de contos de Nadal co sarriaó César No ás 17:30 h. na Casa da Cultura.

Apalpadora –a filla do Apalpador– Foto: Antía Vázquez

OUTROS EVENTOS PARA ANOTAR NA AXENDA

Luns 27

20:00 h. na Casa da Cultura: “A tortilla e a peste”. Teatro para todos os públicos a cargo da compañía Nova Escena Teatro.

Martes 28

17:30 h. na Casa da Cultura: “Belarmina, a flamante velutina” monicreques para a cativada.

Mércores 29

Conferencia e posterior faladoiro ás 19:00 h. na Casa da Cultura con Xaime Félix López baixo o título “Rúas de Sarria. Pasado, presente e futuro”.

Xoves 30

Actividade “Ven ler con nós un poema de Xela Arias”. Despedida do ano Xela Arias con lecturas particulares e voluntarias para lembrar a súa figura e a súa obra. Será ás 17:30 h. na Casa da Cultura. Organiza a Biblioteca do IES Gregorio Fernández.

Mural de Xela Arias. Foto: Concello de Sarria

Venres 31

18:00 h. Carreira de fin de ano, a tradicional Milla Urbana de Sarria.

Domingo 2 de xaneiro

17:30 h. César No achegará máis ‘Contos de Nadal’ á cativada na Casa da Cultura.

Mércores 5 de xaneiro

A partir das 18:00 h. Visita dos Reis Magos á vila e parroquias do Concello de Sarria.

ÚLTIMAS

“O encontro de Sober” analiza durante dous días a relación rural-industria

No encontro destacábase que o 95% do territorio galego é rural, unha singularidade a...

‘Foliada Guímara’ en Pacios da Veiga

As Foliadas Guímaras son unha iniciativa que impulsa o Concello da Pobra do Brollón...

12 creacións e 3 participantes nas coplas para celebrar ‘Os maios’ en Monforte

O pasado mércores 7 de maio celebrouse en Monforte unha nova edición do Concurso...

O PP critica “os 18 anos de abandono” de Augas Mestas

Este área recreativa, construída no ano 1996 pola Deputación cun goberno popular, tiña como...