HomesociedadePanadaría Pallares gaña o concurso de escaparares do ACES Sarria

Panadaría Pallares gaña o concurso de escaparares do ACES Sarria

O concurso de escaparates que organizou Aces Sarria e que se desenvolveu entre o 21 e o 27 deste mes deu a coñecer este martes aos gañadores.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Do 21 ao 27 de decembro, os escaparates participantes competiron nas redes sociais de ACES. Participaron no concurso as seguintes tendas: Bicarelo, Bicos de Fío, Calzados Gayoso, Cris Abad, Dos Ruedas, Duet Moda, Estanco Gallego, Mercería Sarillo, Moncho Moda, Panadaría Pallares, Santamarta, Trece Tablas e Zaida moda infantil e xuvenil. 

Os escaparates que máis “Me gusta” lograron foron os da Panadaría Pallares, un total de 144; seguidos do escaparate do comercio “Calzados Gayoso”, e en terceiro lugar o de “Trece Tablas”. 

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sarria desenvolve ata o 31 de decembro unha nova edición do Lotón polo que un dos clientes do CCU de Sarria pode gañar mil euros, que terá que gastar de novo nos comercios asociados. Mil euros que premiarán a fidelidade dos consumidores ao pequeno comercio. A persoa premiada terá que facer as súas compras antes do día de Reis. O sorteo terá lugar no bulevar da Calvo Sotelo o día 4 de xaneiro.

          

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...