HomeDeportesO Quixós comeza o ano co seu tradicional descenso do Cabe

O Quixós comeza o ano co seu tradicional descenso do Cabe

Capitaneados por Carlos Serafín Moutiño, trece piragüistas do club fixeron o percorrido dende Ribasaltas ata o embarcadoiro do Parque dos Condes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O club de piragüismo Quixós de Monforte ten por costume facer o descenso do río Cabe dende Ribas Altas ata o Parque dos Condes cada primeiro de xaneiro.

Algún ano podería dar certa preguiza polo frío, pero neste comezo de 2022 a temperatura era máis de primavera que de inverno. O sol madrugou e xa quentaba ben a iso das once da mañá cando emprenderon o camiño cara a zona de lecer de Ribas Altas, lugar de saída do percorrido.

‘Preparados, listos, xa’ en Ribasaltas / XdL

Dende este punto, e río Cabe abaixo, trece piragüistas ben novos emprenderon o descenso duns catro quilómetros co veterán Carlos Serafín Moutiño como guía da expedición. Aínda que o río non levaba excesiva corrente o percorrido sempre resulta atractivo e saír da rutina diaria un incentivo máis para todos e todas. Os máis novos, primeirizos na experiencia, saían do embarcadoiro do Parque dos Condes con caras de gran satisfacción.

O descenso foi gravado en video e, en canto lles sexa posible, seguramente o compartirán nas súas redes sociais.

ÚLTIMAS

Viaxe promocional e institucional do tren Galaico Expreso entre Ourense e San Clodio-Quiroga

A viaxe promocional e institucional que promove o MUFERGA partirá este luns 28 de...

O PP esixe explicacións a Tomé sobre os convenios coa CHMS

Os representantes do PP lucense nas Cortes Xerais do Estado advirten dunha “elevada suma...

265.000€ para que 12 concellos lucenses adquiran vehículos e maquinaria para a prevención de incendios forestais

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, explicou que o Diario Oficial de Galicia...

Agroma Sober denuncia que “as causas estruturais dos lumes permanecen e a xestión territorial segue desaparecida”

Durante os meses de agosto e setembro o Concello de Sober enviou a propietarios...