HomesociedadeO proxecto 'Camiño de Inverno: de Ponferrada a Compostela' reivindica o labor...

O proxecto ‘Camiño de Inverno: de Ponferrada a Compostela’ reivindica o labor das persoas que fan posible o Camiño

50 fotografías compoñen a exposición 'Camiño de Inverno: de Ponferrada a Compostela'. Unha publicación recolle as instantáneas da mostra, que conta tamén con catro paneis. Un deles dedicado aos protagonistas do Camiño, outro aos camiñantes da senda, un terceiro ao Museo Pazo de Arxeriz e un cuarto sobre a zona sur do Xeoparque Montañas do Courel que dá conta dos seus recursos patrimoniais

Publicado o

POR
Galicia Confidencial
- Advertisement -

Coincidindo co ano de oficialización da ruta e logo de percorrer outras moitas sendas, no 2016 a Asociación de antigos alumnos e alumnas, amigos e amigas da USC decidiu realizar o Camiño de Inverno. E froito da experiencia xurdiu unha idea: poñer en valor, no centro, as persoas que fan posible que a ruta que transcorre polas catro provincias galegas siga existindo.

Un proxecto pensado para dar ás heroínas e anfitrións do Camiño de Inverno o lugar que merecen. Para outorgar o protagonismo ás persoas que albergan, mostran ou dan de comer ás persoas que emprenden a viaxe cara Compostela. Unha iniciativa sobre lugares únicos e heroínas e anfitrións que son “extrapolables ao resto dos camiños”.

Toda a información e a entrevista completa co impulsor do proxecto no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Gastronomía, viño e música para gozar do outono na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...

Morre tras quedar debaixo do coche mentres facía unha manobra

Unha persoa faleceu esta tarde de martes tras ser atropelada en Monforte de Lemos...

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...