HomesociedadeFolgoso inaugura unha área de autocaravanas

Folgoso inaugura unha área de autocaravanas

Está emprazado en Santa Eufemia e no acto, que ten lugar hoxe 13 de xaneiro, participará a rexedora, Lola Castro, ás 13:30 horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Folgoso do Courel inaugura este xoves a súa área de autocaravanas no núcleo rural de Santa Eufemia, a poucos quilómetros da capitalidade municipal.

Coincidindo que a Asociación Galega de Autocaravanas (AGA) realiza este día a súa primeira saída do 2022 cunha ruta que fará parada no Courel, o Goberno local de Folgoso aproveitará para inaugurar o devandito espazo de estacionamento.

Tras a recepción dos participantes, preto de 40, haberá unha inauguración oficial da área de autocaravanas na que participará a rexedora, Lola Castro, ás 13:30 horas.

Os participantes nesta ruta aproveitarán a súa concentración no Courel para descubrir a zona e a súa gastronomía. Entre as actividades que teñen previsto realizar, destaca a visita guiada a unha alvariza e unha andaina para coñecer a ruta da Devesa da Rogueira. Mañá venres, sairán xa pola tarde cara O Incio.

ÚLTIMAS

Gastronomía, viño e música para gozar do outono na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...

Morre tras quedar debaixo do coche mentres facía unha manobra

Unha persoa faleceu esta tarde de martes tras ser atropelada en Monforte de Lemos...

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...