HomesociedadeQuiroga adhírese ao Manifesto de Soutomaior, que reclama dereitos para as mulleres...

Quiroga adhírese ao Manifesto de Soutomaior, que reclama dereitos para as mulleres literarias

O Concello de Quiroga adheriuse ao “Manifesto de Soutomaior, declaración de mulleres autoras e editoras galegas", un documento que reclama dereitos para as mulleres, neste caso para as mulleres da cultura e das letras.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pasado 8 de novembro conmemorouse no castelo de Soutomaior (Pontevedra) o Día das Escritoras co obxectivo recuperar o legado das mulleres autoras e editoras ao facer visible o seu traballo na literatura e combater a discriminación sufrida ao longa da historia. Nesta conmemoración, na que participaron mulleres autoras e editoras galegas, asinouse o  “Manifesto de Soutomaior”.

Neste manifesto denúncianse as diferentes situacións de desigualdade que existen no mundo da escrita e proponse un plan de acción para rachar con elas, recollendo doce decisións que deben servir de referencia futura para conseguir a igualdade na creación e na produción artística e intelectual.

Entres estas decisións está a de esixir que se cumpra o principio de igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes en todo o concernente á creación e produción artística e intelectual e a súa difusión. Esixir a paridade nos xurados dos premios literarios e nas edicións de antoloxías e de compilacións de obras literarias. Esixir o recoñecemento das obras das escritoras galegas e da súa traxectoria literaria, a inclusión obrigatoria das escritoras galegas e as súas obras nos plans de estudo dos centros educativos. Ou a de esixir que as cadeiras ocupadas nos vindeiros dez anos na Real Academia Galega o sexan por mulleres e que nos próximos dez anos o Día das Letras Galegas homenaxee as mulleres.

Coa firma deste manifesto, o Concello de Quiroga, quere apoiar estas decisións que servirán para conseguir a igualdade de oportunidades na creación artística e intelectual, comprometéndose a facilitar e impulsar accións e medidas para romper coa desigualdade de xénero no mundo editorial e literario galego.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...