HomesociedadeUn ano máis sen 'Fachós' en Castro Caldelas

Un ano máis sen ‘Fachós’ en Castro Caldelas

O concello vén de comunicar que a celebración terá este ano un carácter simbólico e só se fará unha procesión limitada á veciñanza o 19 de xaneiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Despois de 271 anos celebrando a tradicional ‘Festa dos Fachós’ en Castro Caldelas, neste 2022 tampouco será posible, do mesmo xeito que non se fixo o pasado 2021.

A incidencia da pandemia, que se vén mantendo nuns niveis moi altos dende o pasado mes de decembro, levou ao concello a cancelar a celebración tal como a coñecemos. Como alternativa, veñen de comunicar que está previsto organizar unha procesión limitada á veciñanza o día 19 de xaneiro saíndo entre “o lusco e fusco” para que o lume purificador alonxe a ‘Peste’ actual.

“Cumprindo todas as medidas de seguridade pediremos a San Sebastián o cese desta Pandemia portando un Fachón de 35 metros”, comenta a Alcaldesa Sara Inés Vega.

Fachón maior. Foto: Sara Inés Vega

Está previsto organizar unha procesión limitada á veciñanza, saíndo entre “o lusco e fusco” para que o lume purificador alonxe a ‘Peste’ actual

Os Caldelaos que desexen levar un fachón individual deberán anotarse aportando os seus datos no Concello os días 18 e 19 de xaneiro en horario de 9:00 a 14:00 h.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...