HomeCulturaOs fachós non alumearon a noite Caldelá

Os fachós non alumearon a noite Caldelá

O Concello de Castro Caldelas non celebrou este pasado 19 de xaneiro a súa popular 'Festa dos Fachós'. A pandemia tamén puido co peso dos anos desta tradición.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O 19 de xaneiro deste ano lembrarase pola ‘non celebración’ da ancestral “Festa dos Fachós”. Dende o ano 1751 levan vivindo en Castro Caldelas esta festa con tanta raizame para todos os caldelaos e caldelás… pero o coronavirus impediuno.

“Son 270 anos de tradición, de procesión e lume na honra do San Sebastián, de desgustar os chourizos e o viño novo, de esa emoción que che recorre o corpo cada vez que escoitas ‘Viva o San Sebastián’ ou ‘Vivan os Fachós’, de amizade, de troula e de ledicia compartida cos milleiros de persoas que sempre nos acompañan”. Estas son as palabras textuais de parte do comunicado que fixo o concello na súa páxina web e nas redes sociais.

Con moita mágoa por ter que pasar páxina este ano deste xeito convocouse xa a veciñas e veciños, así como tamén aos visitantes e amantes desta celebración, para o vindeiro ano.

Así mesmo, e para lembrar os momentos vividos o ano pasado, o concello fixo pública a resolución do “I concurso de fotografía da FESTA DOS FACHÓS” coas fotografías gañadoras.

O primeiro premio foi para Brais Lorenzo Couto coa fotografía “Esforzo”, e o segundo para Pilar Chaos Rodríguez coa imaxe titulada “Tradicións”. Os premios que levan son 400 e 150 euros respectivamente.

1º Premio, “Esforzo”. Autor: Brais Lorenzo Couto

O resto de fotografías con mención e gratificación económica pódense ver na páxina web do Concello de Castro Caldelas.

ÚLTIMAS

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...