HomePolíticaO PP de Samos propón ao concello mellorar nove pistas con cargo...

O PP de Samos propón ao concello mellorar nove pistas con cargo ao Plan Único

O voceiro popular, José Fernández Vázquez, defenderá unha moción na próxima sesión plenaria na que propón que o Concello repare nove vías municipais con cargo ao Plan Único da Deputación, que, para este municipio, ascende a 282.251,29 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A relación de vías públicas que os populares queren que sexan melloradas son as seguintes: acondicionamento da Calella, no lugar de Proucelo; pavimentación da praza en San Cristóbal de Loúzara; acondicionamento de camiños  interiores en Lourido; vía municipal dende Manxar a Samos; dende o lugar da Cruz hasta Pascais; acceso dende a estrada de Samos a Zoo ata a igrexa de Loureiro; acceso a casa Fidalgo dende o Cerro no lugar de Teivilide; reparación do firme da vía de acceso ao lugar de Portela-Loúzara; camiño de acceso aos pasteiros de Zoo (tapar fochancas e limpeza de cunetas).

O portavoz popular di que a citada relación de vías a acondicionar foi elaborada en función das queixas expresadas pola veciñanza antes o mal estado no que se atopan. Sostén que as obras son precisas para mellorar a seguridade vial, tanto para o tráfico rodado como para o peonil.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...