Homesociedade10 rutas da Ribeira Sacra e 8 de Ancares Courel na segunda...

10 rutas da Ribeira Sacra e 8 de Ancares Courel na segunda tempada de Coñece a túa provincia

A Deputación de Lugo ten aberto ata o 1 de febreiro, o prazo de presentación de inscricións para participar na segunda edición do programa de viaxes gratuítas para entidades sen ánimo de lucro Coñece a túa provincia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Coñece a túa provincia ten como obxectivo fomentar o turismo de proximidade para seguir contribuíndo á recuperación deste sector e tamén da hostalería e do comercio fronte ao impacto da pandemia. Ao mesmo tempo séguese avanzando cara un modelo de turismo sostible e desestacionalizado.

Cada entidade interesada poderá presentar unha única solicitude, que poden enviar vía telemática a través da sede electrónica da Deputación; entregala no Rexistro da Deputación previa cita telefónica; en calquera dos rexistros que menciona a Lei de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas; ou tamén nas oficinas de Correos. As condicións das viaxes e os itinerarios dispoñibles son os mesmos que a primeira tempada do programa

37 itinerarios a elixir

As asociacións poden elixir entre un total de 37 itinerarios polo patrimonio natural, histórico, cultural e gastronómico de toda a provincia de Lugo. Destes 37 itinerarios:

  • 8 son pola comarca da Mariña, que inclúen lugares naturais como o Fuciño do Porco, a Praia das Catedrais ou o litoral focense, pero tamén recursos patrimoniais como a fábrica de Sargadelos ou a Catedral de Mondoñedo.
  • 10 rutas son pola Ribeira Sacra. Neste caso, as alternativas permiten visitar concellos como Monforte de Lemos, Portomarín, Sober ou A Pobra do Brollón, entre outros. Tamén se visitarán algunhas das igrexas incluídas na Ruta Transrománica, da que forma parte a Deputación de Lugo.
  • 8 itinerarios pasan pola zona de Ancares-Courel, e achegarán aos participantes ás Terras de Burón e ó Camiño Francés na comarca de Sarria.
  • As 11 rutas restantes percorrerán as comarcas de Lugo e Terra Chá. As visitas inclúen lugares como o Castro de Amarante, a igrexa de Soutomerille ou o Castro de Viladonga, ademais do centro histórico da cidade de Lugo.

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...