HomePolíticaLuís Pardo Fernández asume a presidencia da xestora do PP de Sarria

Luís Pardo Fernández asume a presidencia da xestora do PP de Sarria

O gran obxectivo é que o partido chegue ás eleccións no 2023 forte e unido para conseguir o goberno de Sarria. E o PPdeG crea a Comisión de Pequenos Concellos do PPdeG da que forman parte 4 lucenses.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Partido Popular acaba de nomear presidente da xestora do PP de Sarria a Luís Pardo Fernández (Navia de Suarna, 1965). Pardo Fernández é afiliado do PP dende hai uns 16 anos, profesionalmente é ATS e desempeña a dirección do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade, da Consellería de Política Social. Foi concelleiro popular no mandato 2007-2011.

Pardo Fernández di que se dá un mes de prazo para ter totalmente conformada a xestora do partido. O seu obxectivo neste sentido é que nela teñan representación todas as sensibilidade do partido en Sarria. Lembra que son membros natos da xestora os membros do grupo municipal, do que di que leva a cabo un gran labor de oposición ao goberno local, e que non haberá cambio de liña.

O presidente da xestora sinala que o seu traballo terá como liña principal  a de abrir o partido a toda a sociedade de Sarria. “O obxectivo é que o PP chegue ás eleccións do 2023 forte e unido, de maneira que volva gobernar neste municipio,” sinala.

Comisión de pequenos concellos do PP

Catro lucenses forman parte da Comisión de Pequenos Concellos do PPdeG constituída este sábado: o alcalde do Incio, Héctor Corujo, e os portavoces de Cervantes, Javier Santín; Muras, Eugenia Requeijo; e Ribas de Sil, Isaac Lamas. O PP da provincia de Lugo trasládalles a súa noraboa e convídaos a traballar dende a responsabilidade para representar os intereses dos pequenos concellos na provincia.

Comisión Pequenos Concellos PP / PP

ÚLTIMAS

IGV denuncia que a Deputación convoca axudas para a vivenda do seu persoal e non impulsa unha política propia de vivenda social

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) do 17 de outubro de 2026 recolle unha...

A Cooperativa Lemos celebra a súa xuntanza anual e cea de confraternidade

A Cooperativa Lemos celebrou a súa xuntanza anual e cea de confraternidade para apoiar...

Agroma Sober leva a pleno revalorizar a Amandi, mellorando vías e fontes

A pesares de ser o nome que dá sona e historia aos viños da...

O BNG de Monforte presenta unha moción para que o Concello priorice o traballo cos bancos que manteñen atención presencial na cidade

O BNG de Monforte de Lemos presentou unha moción ao Pleno municipal para reclamar...