HomesociedadeDispositivo de tráfico en Monforte por mor do San Blas o día...

Dispositivo de tráfico en Monforte por mor do San Blas o día 3 de febreiro

O Concello de Monforte informa sobre o dispositivo de tráfico que se desenvolverá o vindeiro xoves 3 de febreiro con motivo da misa de San Blas, que terá lugar na Igrexa de Santo Domingo (A Régoa) ás 11 horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A celebración do San Blas continuará celebrádose, como sucedeu o pasado ano, na igrexa da Régoa debido as obras de restauración que se están a levar a cabo na igrexa de San Vicente, que é onde habitualmente se celebra esta festividade.

Ante a previsión dunha elevada afluencia de asistentes e tendo en conta que a ubicación da mesma é en zona de escasa capacidade de estacionamento e con acceso mediante vías estreitas, ó que hai que engadir que o atrio da igrexa tamén se encontra en obras, coa instalación de andamiaxe, resulta necesario adoptar unha serie de medidas de ordenación do tráfico en canto á circulación e estacionamento para garantir no posible a fluidez e a seguridade de todos os usuarios.

Deste xeito, e segundo o informe elaborado pola Policía Local de Monforte, tomaranse as seguintes medidas o día 3 de febreiro:

  1. Supresión do estacionamento de vehículos no atrio da igrexa da Régoa e na baixada ó mesmo dende a rúa Santo Domingo, dende as 8 da mañá ata a finalización da misa e a evacuación das persoas asistentes.
  2. Supresión do estacionamento de vehículos no tramo da rúa Santo Domingo comprendido entre o inicio da mesma (Taberna KM 0) ata a porta da Alcazaba, dende as 8 da mañá ata a finalización da misa e a evacuación das persoas asistentes.
  3. Supresión do tráfico rodado na baixada e atrio da igrexa da Régoa en dirección Costa da Pena dende aproximadamente as 10:30 horas (podendo adiantarse si a afluencia de persoas o esixe) ata a finalización da misa e a evacuación das persoas asistentes.
  4. Establecemento dunha única dirección de circulación de vehículos na rúa Santo Domingo que será entrando dende a Praza de Abastos pola rúa Ricardo Quiroga, dirección San Vicente, e saíndo por Campo da Virxe e rúa Real, dende aproximadamente as 10:30 horas (podendo adiantarse si a afluencia de persoas o esixe) ata a finalización da misa e a evacuación das persoas asistentes.
  5. O estacionamento farase no tramo superior da rúa Santo Domingo, na marxe dereita en sentido subida (entre a Porta da Alcazaba e o Campo da Virxe), no propio Campo da Virxe e na subida a San Vicente.
  6. Todo o dispositivo sinalizarase mediante sinais verticais e vallas e haberá efectivos da Policía Local para ordenar a circulación mentres dure o evento.

Do mesmo xeito, o Alcalde, José Tomé Roca, recorda que, “por mor da situación derivada da crise sanitaria da Covid-19, será especiamente necesario cumprirse todas as medidas de hixiene e distanciamento social establecido polas autoridades sanitarias, no que o uso da máscara é obrigatorio en todo momento”.

ÚLTIMAS

Preséntase o cartel e o programa de actos das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón

Da presentación das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón encargáronse o alcalde...

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...