HomesociedadeTorre da Homenaxe en verde no Día Mundial contra o Cancro

Torre da Homenaxe en verde no Día Mundial contra o Cancro

O Concello de Monforte súmase este venres, 4 de febreiro, aos actos conmemorativos do Día Mundial contra o Cancro. Como xesto simbólico e en sinal de apoio ás persoas afectadas pola enfermidade procederase na tarde-noite á iluminación da Torre da Homenaxe de San Vicente de cor verde.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Cada ano, o 4 de febreiro celébrase o Día Mundial contra o Cancro como recordatorio do compromiso de toda a sociedade na loita contra esta enfermidade.

Baixo o lema da campaña deste ano  “Non somos todos iguais contra o cancro”, o obxectivo da Asociación Española contra o Cancro (AECC) é garantir que todas as persoas teñan os mesmos dereitos, oportunidades e recursos para previr a enfermidade, enfrontarse a ela e acceder aos resultados da investigación.

Neste senso, o  Alcalde sinala que “dende o Concello de Monforte, sumámonos a esta iniciativa e queremos facela extensiva a toda a cidadanía iluminando de verde a Torre da Homenaxe, pois cancro é unha enfermidade que desgraciadamente está moi estendida na nosa sociedade”.

O cancro segue constituíndo unha das principais causas de mortalidade no mundo, co diagnose de 18,1 millóns de casos novos en 2020. O número de cánceres diagnosticados en España no ano 2022 se estima que alcanzará os 280.100 casos. A Asociación ponse a disposición da cidadanía a web acuerdocontraelcancer.com, coa finalidade de que a sociedade apoie esta iniciativa.

ÚLTIMAS

Transportes licita por 603.634€ obras para mellorar a seguridade viaria na N-540 e N-120

.O anuncio de licitación foi publicado na Plataforma de Contratación do Sector Público (PLACSP)...

Por Chantada presenta unha moción reclamando medidas urxentes de mellora na seguranza viaria

O grupo municipal Por Chantada – Interior Galego Vivo vén de presentar unha moción...

Afigal prestará servizos financeiros ás empresas asociadas a Ribeira Sacra Next

Afigal e a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next asinaron un convenio de colaboración...

‘Miconcurso de tapas’, iniciativa dos Lactourus para dinamizar a hostalería de Monforte

A Asociación Micolóxica Os Lactouros organiza os vindeiros mércores 18 e xoves 19 de...