HomeCulturaConcerto de saxos de Rhea Quartet o día 12 en Sober

Concerto de saxos de Rhea Quartet o día 12 en Sober

No concerto que terá lugar no centro sociocultural ás 19.00h interpretarse o programa ‘Terra’ que reivindica a importancia de coidar aquilo que nos dá a vida e que nos permite respirar a través de dúas viaxes por algúns dos lugares máis recónditos do noso planeta.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello e as Xuventudes Musicais de Sober organizan para o sábado día 12 un concerto do ‘Rhea Quartet’, formado polos intérpretes Pablo Fernández Baladrón, saxofón soprano; Iris Guzmán Godia, saxofón alto; Luís Garvía Cabañas, saxofón tenor e Jaime Serrano Fernández, saxofón barítono.

Esta proposta musical promove o intercambio cultural e a responsabilidade do ser humano por coidar a nosa contorna en lugar de seguir tratando de someter á natureza aos nosos desexos e necesidades materiais.

Por unha banda, preséntase a viaxe do compositor Guillermo Lago e, por outra, a viaxe do personaxe Klim na obra do dramaturgo Ludvig  Holberg. Como  interludio entre ambas as suites, preséntase a música  Klemzer, sobre a que Alexis  Ciesla compón a súa obra para cuarteto de  saxofóns “Rhapsodish”.

A madurez das súas propostas, a espontaneidade, a innovación e o rigor son os aspectos máis valorados polo público e a prensa especializada. Formado por personalidades musicais diferentes, configuran unha identidade cunha linguaxe propia onde convidan ao oínte a unirse como quinto elemento no discurso musical.

Apostan por contribuír á divulgación da cultura desde a música de cámara, en toda a súa variedade e estilos, e traballan man a man con compositores de música de nova creación.

Foron galardoados a nivel nacional e internacional, destacando os seus premios en Bydgoszcz Chamber Music Competition, Concurso Permanente de Mocidades Musicais de España, Certame ‘Pedro Bote’, Concurso ‘Antón García Abril’ ou Certame ‘Jacobo Soto  Carmona’.

A súa sólida formación aválaos, contando cos consellos de Cuarteto Quiroga, Cuarteto  Casals,  Kuss  Quartet,  Heime  Müller,  Márta  Gulyás, Rita  Wagner, Kennedy Moretti, Pedro Pablo Cámara, Noelia  Rodiles,  André Cebrián e  Ona  Cardona, entre outros.  Compaxinan o seu labor concertístico cun activo compromiso pedagóxico, sendo docentes en  renomeados centros de educación musical. Desde 2019 son embaixadores das marcas Selmer París e Vandoren Fran- ce.

ÚLTIMAS

IGV denuncia que a Deputación convoca axudas para a vivenda do seu persoal e non impulsa unha política propia de vivenda social

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) do 17 de outubro de 2026 recolle unha...

A Cooperativa Lemos celebra a súa xuntanza anual e cea de confraternidade

A Cooperativa Lemos celebrou a súa xuntanza anual e cea de confraternidade para apoiar...

Agroma Sober leva a pleno revalorizar a Amandi, mellorando vías e fontes

A pesares de ser o nome que dá sona e historia aos viños da...

O BNG de Monforte presenta unha moción para que o Concello priorice o traballo cos bancos que manteñen atención presencial na cidade

O BNG de Monforte de Lemos presentou unha moción ao Pleno municipal para reclamar...