HomeCultura2 días de festa con 20 grupos confirmados no Esmorga Fest

2 días de festa con 20 grupos confirmados no Esmorga Fest

Última confirmación para pechar o cartel do Esmorga Fest, anúncianse 6 bandas e 3 dj´ s nesta edición que terá lugar o 1 e 2 de abril en Sarria e que conta co selo de calidade de SON Estrela Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A organización do Esmorga Fest segue ampliando o cartel de actuacións para este edición. Ao anunciado ata agora súmanse:

Le Boom, que chega desde Irlanda e ofrecerá unha experiencia que pasará desde o disco ata electro-pop, sentidas baladas de sintetizador e nostálxico dream- techno. Con 100 concertos en todo Europa, incluídos espectáculos con entradas esgotadas no Teatro Olympia de Dublín e actuacións en Reading e Leeds, Primavera Sound, Electric Picnic e Iceland Airwaves, o acto de presentación da BBC, Lle Boom, espera con ansias o seu ano máis emocionante ata a data.

The Haunted Youth veñen desde Bélxica para achegar a Sarria o seu pop psicodélico que lembra a MGMT, DIIV, Slowdive ou, mesmo The Cure.

La Paloma logran dar co equilibrio perfecto entre ruído e melodía, musicalizando con crueza sentimentos como a apatía, o desinterese a nostalxia daquelo non vivido.

Rayotaser son un Katrina de emocións a base de sintetizadores que te envolven cun millón de filtros e delays ata esquecer como chegaches ata aí.

El Chico López, Juanita Dinamita, os esperados e exclusivos sets de Pálida, Jhon Axiom ou Don Gonzalo, artistas de innumerables virtudes que chegan a Sarria co Esmorga Fest.

ÚLTIMAS

O PSOE de Sarria lidera a resposta social contra a subida de impostos

O voceiro socialista, Benjamín Escontrela, advertiu que “o alcalde gastou sen control, ignorou todas...

O BNG Lugo Sur esixe a reposición inmediata do tren das 23:00h Ourense-Monforte-Lugo

Este servizo fora eliminado no pasado e, tras a mobilización social e política, conseguira...

Festa de outono do comercio asociado de Chantada

O Centro Comercial Aberto Ribeira Sacra de Chantada organiza unha festa infantil para celebrar...

“O que hai que ver!”, a vindeira obra de teatro no Multiusos de Monforte

O teatro volve este xoves 23 de outubro ao Edificio Multiusos de Monforte dentro...