HomePolíticaOs socialistas de Chantada demandan Atención Temperá para a contorna

Os socialistas de Chantada demandan Atención Temperá para a contorna

“Cremos que ofrecer este servizo de xeito público, é esencial para moitas familias, que doutro xeito non poderían acceder a el”, asegura Raquel López, voceira do PSdeG-PSOE de Chantada. Esta moción aprobouse por unanimidade no pasado pleno.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Galicia concede subvencións para aqueles concellos de menos de 10.000 habitantes que fagan convenios entre si para ofrecer o servizo de atención temperá. A alta demanda deste servizo levou ós socialistas chantadinos a “pedir que Chantada consiga esa subvención, que cree un convenio con Taboada e Carballedo e se poda ofrecer un servizo que é esencial”, incide Raquel López, voceira do grupo municipal socialista.

Atención temperá

Enténdese por Atención Temperá o conxunto de intervencións dirixidas ó público infantil de 0 a 6 anos, a familia e o entorno. Estas teñen como obxectivo dar resposta o máis rápido posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e nenas con trastornos no seu desenvolvemento ou que teñen risco de padecelos.

A maior plasticidade neuronal é a que posúen os nenos e nenas de 0 a 3 anos, alongándose ata os 6 anos. É nesa idade cando áreas dañadas, a nivel neurolóxico e con outras doenzas relacionadas, aínda teñen a plasticidade suficiente como para que, estimulando ese coñecemento e incluso noutras áreas, sexan capaces de adquirir ou recuperen funcións que doutro xeito sería imposible.

Os centros de atención temperá están formados por profesionais como psicólogos/as, que dan servizo tanto a nenos e nenas como familiares. Logopedas, xa que os trastornos máis frecuentes (e tamén os menos atendidos a nivel hospitalario) son os da linguaxe, como por exemplo as dislalias. E tamén adoitan contar cun fisioterapeuta ou un terapeuta ocupacional, destinados a traballar con nenos e nenas con algún tipo de discapacidade motora, como pode ser a espiña bífida ou a parálise cerebral, ademais doutros trastornos que cursan dificultades motoras relacionadas, como o autismo.

Unha consulta psicolóxica ronda os 50-60 euros por sesión, polo que 1 consulta/semana supón un custo extra para as familias duns 200€. “Un prezo que non todas e todos temos a capacidade de asumir, e que deixa abandonada a saúde mental e o desenvolvemento dos máis pequenos. Os servizos públicos de atención temperá chegan a dar 2 ou 3h semanais de terapia. Algo que de xeito privado 3 consultas/semana ó mes rondaría os 600€,” sinalan os socialistas.

ÚLTIMAS

O empresario orixinario de Pantón, Gerardo Rodríguez, segue levando o sabor de Galicia a Madrid

Anos despois seguíulle dando forma ao seu proxecto e puxo en marcha no 2018...

Detidos dous veciños de Sober por roubar un martelo hidráulico das obras da A-6

A Garda Civil detivo a dous veciños de Sober de 32 e 40 anos de idade...

O concello do Incio contará cunha nova área recreativa en Trascastro

A actuación vaise desenvolver en dúas fases. Na primeira delas, o alumnado está a...

O BNG de Taboada demanda actuacións urxentes na N-540 e chama a unha manifestación o 3 de maio

O grupo municipal do BNG de Taboada vén de presentar unha moción que será...