HomeCulturaMúsica tradicional e foliada o día 19 na Pobra do Brollón

Música tradicional e foliada o día 19 na Pobra do Brollón

A antropóloga Beatriz Busto presenta na Pobra do Brollón o seu libro sobre as pioneiras Pandereteiras de Mens. A presentación será este sábado 19 ás 20:30 na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ e rematará con foliada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A antropóloga e etnomusicóloga, Beatriz Busto Miramontes, presentará na Pobra do Brollón o seu libro-CD Pandereteiras de Mens, publicado o pasado decembro por aCentral Folque.

O libro afonda na vida das cinco Pandereteiras de Mens, que dende a comarca de Bergantiños, cruzaron fronteiras e racharon estereotipos coa súa música. Elas son as primeiras mulleres que, sendo labregas, levaron o formato das pandereteiras aos escenarios públicos nos anos 70 e 80. “Esta presentación é unha homenaxe a todas as mulleres que abriron camiño e permitiron que a nosa música tradicional teña a impacto de hoxe, como estamos vendo co fenómeno Tanxugueiras,’ declara o alcalde da Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda.

O libro contén fotografías a cor, unha excelsa compilación de músicas e transcrición de letras e músicas en partitura, para o que a autora contou coa colaboración do etnomusicólogo, Sergio de la Ossa. A presentación rematará con actuación das pandereteiras de Samoeiro seguida de foliada.

Dende a organización anímase aos asistentes a levar os seus instrumentos. “Con este evento retomamos a programación cultural e as implicacións positivas que ten para a vida comunitaria na Pobra do Brollón,’ comenta o concelleiro de Cultura, Ricardo Rodicio. Hai que reservar sitio no teléfono 650 624 828, preferiblemente por WhatsApp. Cumpriranse as medidas sanitarias precisas

ÚLTIMAS

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...