HomeEconomíaAprendendo a podar oliveiras

Aprendendo a podar oliveiras

A Asociación de Produtores de Aceite e Aceituna de Galicia -APAAG- desenvolve esta fin de semana un curso de poda da oliveira dirixido a particulares e profesionais do sector oleícola da comarca de Valdeorras e de Quiroga asociados á entidade.

Publicado o

- Advertisement -

No curso, estruturado en dúas xornadas teórico-prácticas que se desenvolven este sábado 19 e domingo 20 de febreiro,  os participantes e as participantes aprenden técnicas de poda de formación e produción de árbores novas e de rexeneración ou recuperación de oliveiras autóctonas.

O curso, impartido polo experto oleícola Ramón Pulgar, comezou este sábado 19 de febreiro ás 9:30 h no teleclube do Concello de Petín, para despois trasladarse a terreo e observar exemplos prácticos. A xornada de mañá, domingo 20, desenvolverase nunha aldea do Concello de Quiroga.

A Asociación de Produtores de Aceite e Aceituna de Galicia / APPAG

A entidade naceu en decembro do 2014 co obxectivo de xuntar a todos os produtores de aceite e aceituna do territorio galego para asesoralos sobre todo o relativo ao cultivo das oliveiras e defender o sector.

Desde APAAG, acompañan aos socios/as no asesoramento e mellora das plantacións, apóianos e colaboran con eles en investigacións, fan traballos de publicacións, etc. En definitiva, apostando por unha regulación do sector a través dun novo marco normativo que recoñeza e protexa a calidade do auténtico aceite que se produce en Galicia.

ÚLTIMAS

Chantada comeza as obras de rehabilitación do edificio da Academia como nova Casa Consistorial

Este luns, 5 de outubro, asinouse a acta de replanteo que permitirá comezar coas...

Este xoves, 8 de outubro, comeza no Multiusos de Monforte a programación teatral do último trimestre

O concello de Monforte presenta unha completa programación teatral deseñada desde a Concellería de...

Éxito organizativo e de participación na primeira edición da ‘Nocturna do Xeoparque Montañas do Courel’

O pasado sábado, 3 de outubro, celebrouse a primeira edición da Nocturna do Xeoparque...

OPINIÓN: O Bóveda Slam Poetry no XV campionato de Poetry Slam España

A cidade de Cartaxena acolleu, os días 17, 18 e 19 de setembro, o...