IniciosociedadeVolven as Catas de Calificación da última colleita na D.O. Ribeira Sacra

Volven as Catas de Calificación da última colleita na D.O. Ribeira Sacra

O venres, 25 de febreiro a partir das 12.00h., celébrase no Hotel Áurea Palacio de Sober, a Cata de Calificación da colleita 2021 na D.O. Ribeira Sacra. Estas catas teñen carácter itinerante por subzonas e, despois de que no 2020 tivera lugar en Portomarín e do parón do pasado ano, neste 2022 retómanse na subzona de Amandi.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Integran o panel de cata: Alfonso Losada Quiroga, Experto en viticultura e enoloxía; José Ramón Montilla Cortizo, Representante  Asociación de Sumilleres Gallaecia; Maira Ratón Fernández, Representante Asociación Gallega de Enólogos; Mercedes González Rodríguez, Presidenta Vitislucus-Expertos Análise Sensorial e Enoturismo. Asesoría Gastronómica MEmbajadora; José María Martínez Alonso, Membro Panel de Cata do C.R.D.O.R.S.; Óscar González Rizo, Membro Panel de Cata do C.R.D.O.R.S.; Juan Ángel Fernández Martínez, Membro Panel de Cata do C.R.D.O.R.S.; Pepe Seoane, xornalista; Ana Fernández González, Representante da Axencia Galega de Calidade (AGACAL) e Ana Mª Martín Abild, Sumiller e Dipwset

O panel de cata valorará 10 mostras, 2 por subzona (Amandi, Chantada, Quiroga-Bibei, Ribeiras do Miño e Ribeiras do Sil), buscando ter representación en cada subzona dunha adega de maior produción e outra de menor produción, para establecer unha valoración media dos viños da nova añada. A recollida de mostras levárona a cabo técnicas do C.R.D.O.R.S., comenzando o 14 de febreiro na subzona de Ribeiras do Miño e rematouse o 18 de febreiro na subzona de Chantada.

O Consello Regulador organiza esta cata co fin de informar aos consumidores sobre a calidade dos viños que se van atopar no mercado. A última cata de calificación celebrábase en Portomarín un par de semanas antes do confinamento, a colleita 2019 obtiña a calificación de MOI BOA, cunha puntuación de 7.5.

ÚLTIMAS

XXIX Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón, o 11 e 12 de maio

Como prólogo da Mostra, o xoves, 9 de maio, ás 20:30h na adega do...

305.500€ da Xunta para a contratación de 19 desempregados no sur de Lugo

A Xunta de Galicia destina 305.500 euros a financiar a contratación de 19 traballadores...

O PP pide a reparación da estrada provincial LU-P-5301 no casco urbano de San Clodio

O portavoz, Antonio Ameijide, a viceportavoz, Carmen José López, e o deputado da zona...

Mensaxe do Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo a Pedro Sáchez

Bienquerido compañeiro Presidente: Recibo con enorme sorpresa e preocupación a túa carta aberta sobre...