HomeDeportesTres deportistas do Quixós nunha concentración da Federación Galega en Francia

Tres deportistas do Quixós nunha concentración da Federación Galega en Francia

Nerea Gutiérrez, Efrén álvarez e Noa Díaz están convocados para estar do 25 de febreiro ao 2 de marzo na localidade francesa de Pau.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Duas padeeiras e un padeeiro cadetes do Club Quixós de piragüismo viaxarán a Francia tras a convocatoria que lles chegou da Federación Galega de Piragüismo. Trátase dunha concentración de adestramento que realizarán para navegar nos canais de Pau e Orthez.

A saída realizarana dende Pontevedra, concretamente do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, e a volta será o último día da concentración, o vindeiro 2 de marzo. Á chegada, no mesmo lugar da saída, Noa, Nerea e Efrén serán recollidos polos responsables do club ou polos seus familiares.

ÚLTIMAS

Folión das fachas de Vilelos, unha tradición que se remonta aos castrexos

Asociación de Veciños de San Martiño de Vilelos organiza dende o ano 2008 a...

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...